![]() | Happy Memory Veces jugadas: 832 | |
![]() | Cow Fighter Veces jugadas: 667 | |
![]() | Gladiator Veces jugadas: 690 | |
![]() | Olympic Games Veces jugadas: 679 | |
![]() | Gator Hop Veces jugadas: 712 |
| TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO |
| Blogs - Asuntos sociales |
8644 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 23 de Abril de 2008 00:58 | |
|
Foi o pasado dez de abril cando o Concello convocou aos pubs e discotecas para abordar a problemática xerada polo incumprimento da normativa en materia de ruídos e horarios. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, amosouse “moi satisfeita polo bo clima no que se desenvolveu o encontro”, e destacou “a colaboración e bo entendemento que atopamos nos empresarios, para a adopción de medidas que fagan posible a mellora da convivencia na nosa vila”. Entre as medidas acordadas nesta xuntanza, e que esta semana se comunicaron por escrito a cada un dos pubs e discotecas da vila, destaca a inminente incorporación dun porteiro a cada un dos pubs. Estes locais contarán a partir do sábado 3 de maio cunha persoa que cumprirá unha dobre función: por unha banda impedir que os usuarios destes locais saian con vasos de cristal á rúa, e por outra garantirán en todo momento que as portas permanezan pechadas. Socorro Cea afirmou que “o correcto cumprimento destas medidas contribuirá de xeito importante a diminuír o nivel de ruído na rúa, e por tanto fará máis saudables as zonas nas que se sitúan os locais de ocio”. Vixilancia privada Nas noites da fin de semana é frecuente atoparse con vehículos que incumpren todas as normas de seguridade vial, e que con conducións temerarias poñen en perigo a integridade dos usuarios de pubs e discotecas. A fin de paliar estas irregularidades, os empresarios responsables destes locais avanzaron tamén a intención de contratar un servizo de vixilancia privada que garanta unha maior orde e seguridade nas rúas onde están ubicados os pubs. Implicación de todos os hostaleiros O equipo de goberno de Melide tomou a decisión de convocar aos empresarios de pubs e discotecas da vila debido á que con frecuencia se rexistran queixas por parte da veciñanza, motivadas sobre todo polos altos niveis de ruído, e fóra do horario establecido pola lei. Mais nesta acción de tentar mellorar a calidade de vida dos veciños de Melide, o goberno municipal non se esqueceu tampouco da coñecida como “zona dos viños”, que especialmente os sábados pola noite é tamén moi concorrida. Por iso, este mesmo mércores, 23 de abril, os responsables dos principais bares e cafeterías de Melide, especialmente aqueles situados no casco vello da vila, están convocados, ás 17 horas, a unha xuntanza no Concello. Fonte Concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.