Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (132 art.)
Antonio (39 art.)
anxo (11 art.)
El enterrador (5 art.)
gelines (32 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (9 art.)


Google

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
22/04/08
Logo da xuntanza mantida pola alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Manuel Prado, cos empresarios dos pubs e discotecas de Melide, o Concello vén de realizar unha comunicación escrita aos responsables destes locais lembrándolles que será a partires do 3 de maio cando deban entrar en funcionamento as medidas tomadas por común acordo.
Foi o pasado dez de abril cando o Concello convocou aos pubs e discotecas para abordar a problemática xerada polo incumprimento da normativa en materia de ruídos e horarios.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, amosouse “moi satisfeita polo bo clima no que se desenvolveu o encontro”, e destacou “a colaboración e bo entendemento que atopamos nos empresarios, para a adopción de medidas que fagan posible a mellora da convivencia na nosa vila”.
Entre as medidas acordadas nesta xuntanza, e que esta semana se comunicaron por escrito a cada un dos pubs e discotecas da vila, destaca a inminente incorporación dun porteiro a cada un dos pubs. Estes locais contarán a partir do sábado 3 de maio cunha persoa que cumprirá unha dobre función: por unha banda impedir que os usuarios destes locais saian con vasos de cristal á rúa, e por outra garantirán en todo momento que as portas permanezan pechadas. Socorro Cea afirmou que “o correcto cumprimento destas medidas contribuirá de xeito importante a diminuír o nivel de ruído na rúa, e por tanto fará máis saudables as zonas nas que se sitúan os locais de ocio”.

Vixilancia privada
    Nas noites da fin de semana é frecuente atoparse con vehículos que incumpren todas as normas de seguridade vial, e que con conducións temerarias poñen en perigo a integridade dos usuarios de pubs e discotecas. A fin de paliar estas irregularidades, os empresarios responsables destes locais avanzaron tamén a intención de contratar un servizo de vixilancia privada que garanta unha maior orde e seguridade nas rúas onde están ubicados os pubs.

Implicación de todos os hostaleiros
    O equipo de goberno de Melide tomou a decisión de convocar aos empresarios de pubs e discotecas da vila debido á que con frecuencia se rexistran queixas por parte da veciñanza, motivadas sobre todo polos altos niveis de ruído, e fóra do horario establecido pola lei. Mais nesta acción de tentar mellorar a calidade de vida dos veciños de Melide, o goberno municipal non se esqueceu tampouco da coñecida como “zona dos viños”, que especialmente os sábados pola noite é tamén moi concorrida. Por iso, este mesmo mércores, 23 de abril, os responsables dos principais bares e cafeterías de Melide, especialmente aqueles situados no casco vello da vila, están convocados, ás 17 horas, a unha xuntanza no Concello.
Fonte Concello de Melide


Votar favorito (68) | Visto: 2957

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons