Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | Cow Fighter Veces jugadas: 635 | |
![]() | Jewels Veces jugadas: 634 | |
![]() | Fifa World Cup Veces jugadas: 697 | |
![]() | Lanzamiento de jabalina Veces jugadas: 692 | |
![]() | Alien Attack Veces jugadas: 640 |
| Axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior |
| Blogs - Asuntos sociales |
6467 hits |
| Escrito por gelines | |
| Viernes, 18 de Abril de 2008 12:09 | |
|
Axudas
correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior. Este
programa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior
coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con
Galicia.
Prazas
convocadas: A asignación do
número de prazas queda fixada como segue para o ano 2008: - Arxentina:
100 - Brasil:
19 - Cuba:
10 - Uruguai:
41 - Venezuela:
16 - Outros países:
4 - Total:
190 Beneficiarios:
1. Ser emigrante
galego. 2. Ter a
nacionalidade española. 3. Residir en
América. 4. Ter sesenta ou
máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de
solicitudes. 5. Levar polo menos
os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes a Galicia
desta secretaría xeral. 6. Valerse por si
mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e
que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa
duración. 7. Ter ingresos
inferiores a 1,3 veces o importe das prestacións económicas por ancianidade do
Estado español, fixado en 2008 para o país de residencia. Estes importes
aparecen reflectidos no anexo III desta resolución. Se o solicitante convive con
outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía
anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o
resultado de multiplicar o 70 por cento da devandita cifra polo número de
conviventes menos un. Poderán ser
beneficiarias as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación
análoga aos solicitantes do programa, sempre e cando cumpran os requisitos
establecidos nos puntos 3, 5, 6 e acheguen a documentación
xustificativa. Prazo: do 17 de abril ata o 16 de maio de
2008, ambos incluídos. Presentación de
solicitudes: As solicitudes
presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral de
Emigración ou en calquera dos lugares previstos non artigo 38.4 º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común. Poderán presentarse na Delegación da Xunta de
Galicia en Buenos Aires, consellerías de Trabajo y Asuntos Sociales, nas
seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos
consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou
residencia do solicitante. Para a presentación destas solicitudes os
interesados poderán utilizar o
Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 164/2005, do
16 de xuño. Publicación: DOG Nº 73, Mércores
16 de abril de 2008 Máis
información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D003P008.PDF Información: Páxina
web da Secretaría (http://galiciaaberta.xunta.es/conselleria/) Vía concello de Cambre. Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.