Inicio arrow Chat

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (118 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)

Webs amigas

 


Google
Para acceder al chat debes de cambiar el Nickname por el que tu quieras. A continuación pulsa en CONECTAR. Te aparecerá una ventana y debes de contestar SI o YES, de lo contrario el chat no funciona.
Que lo disfrutes.

PD: El chat sólo funciona en español. No uses el traductor o no funcionará.

CREASE EN MELIDE A AGRUPACIÓN VOLUNTARIA GALICIA CENTRAL DE CONCELLOS PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Antonio   
08/04/08
A primeira agrupación voluntaria de municipios que se crea en Galicia ten xa dende esta tarde un nome propio. Será Galicia Central, o nome que esta tarde fixeron público os catro alcaldes dos concellos integrados na agrupación: Melide, Lalín, Monforte e O Carballiño Esta entidade, pioneira en Galicia, deu os seus primeiros pasos a mediados de febreiro, cando os catro alcaldes deron a coñecer a súa intención de crear unha plataforma de colaboración para desenvolver políticas e proxectos comúns aproveitando as particularidades de cada un destes catro concellos do interior de Galicia, todos eles cunha importante pegada rural.

No día de hoxe, Socorro Cea (Melide), Xosé Crespo (Lalín), Severino Rodríguez (Monforte) e Carlos Montes (O Carballiño) mantiveron unha xuntanza de traballo en Melide para seguir avanzando na elaboración de proxectos comúns. Así, Socorro Cea adiantou que “Galicia Central, encargará en primeiro lugar un estudo estratéxico no que se poñan de manifesto cales son as posibilidades reais de colaboración e os eidos que ofrecen maior potencialidade de acción para dar beneficio á suma dos habitantes dos catro municipios”.

A alcaldesa de Melide expuxo cales son os proxectos que Galicia Central ten xa en marcha: un concurso fotográfico con imaxes dos catro concellos, folletos turísticas con rutas programadas para escolares, ou intercambios nos campamentos de verán entre as catro localidades son algunhas delas. Por outra banda, o grupo de traballo de Galicia Central encomendou a cada unha das localidades unha acción localizada de cuxa organización se encargará cada concello.

Así, Monforte acollerá en agosto un festival de pop-rock con grupos locais das catro localidades. En setembro, O Carballiño organizará unha andaina de sendeirismo con paradas de interese turístico, e Lalín acollerá un festival de bandas de música no que participarán os grupos de Melide, O Carballiño, Monforte e o anfitrión da terra do Deza.

Pola súa parte, o concello de Melide aproveitará a Semana da Música, que ten o seu día grande na festividade de Santa Cecilia -29 de novembro- para acoller un Encontro de Corais, no que se darán cita as representantes dos catro municipios, unha delas, a de Lalín, infantil.

Na xuntanza desta tarde, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, afirmou que “a medida que perfilamos este proxecto colle corpo unha colaboración municipal sen precedentes en Galicia, que ademais racha cos tópicos das barreiras establecidas pola ideoloxía política e a división das provincias”, facendo referencia a que os fundadores desta agrupación proceden de distintos signos políticos (Lalín-PP, O Carballiño-PSOE e Melide e Monforte - BNG), e tamén das catro provincias galegas).

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, insistiu en que “o traballo que se está desenvolvendo dende esta agrupación pode ser o principio dun camiño para contribuír a cambiar unha mentalidade demasiado localista que tradicionalmente ten habido en Galicia”. O alcalde nacionalista tamén dixo “atoparse cunha experiencia moi leal, porque apartamos as diferenzas para traballar en clave municipal”.

Pola súa banda, Carlos Montes, alcalde do Carballiño, insistiu en que se trata “dun proxecto de futuro para as zonas da Galicia central, para afondar en temas infraestruturais, e incluso movementos demográficos e reequilibrio territorial, pois é tamén un xeito de diagnosticar a nosa problemática e saír ao frente”.
A vindeira xuntanza do equipo de traballo de Galicia Central será o 29 de abril en Monforte de Lemos.
Fonte prensa concello de Melide



Votar favorito (85) | Visto: 2982

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons