Mayormente nubladoMayormente nublado 14 oC
Humedad: 67%
Viento: N a 11 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Olympic Games
Veces jugadas: 676
 
Toques al balón
Veces jugadas: 626
 
Memory Cats
Veces jugadas: 709
 
Premiere FoosBall
Veces jugadas: 658
 
Jewels
Veces jugadas: 661
 

Usuarios en linea

Tenemos 209 invitados conectado(s)
COÑECE A TÚA RÚA FAMILIARIZARÁ AOS MELIDENSES COA FIGURA QUE DÁ NOME Á RÚA NA QUE VIVEN
Blogs - Actividades
6562 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 28 de Marzo de 2008 17:49
Os veciños da rúa Alexandre Bóveda recibirán un tríptico editado polo Concello sobre a figura deste ilustre intelectual galego.
A iniciativa continuará nas vindeiras datas centrándose noutras rúas, como a Concepción Arenal.

O Concello de Melide vén de poñer en marcha o programa Coñece a túa rúa, unha iniciativa que consiste en dar a coñecer aos personaxes ou feitos que dan nome ás rúas da vila. A través desta acción, o Concello quere poñer en valor a traxectoria vital de moitas persoas que están presentes no rueiro melidense a pesares de que en moitas ocasións se descoñece cales foron os motivos que os fixeron merecedores de dar nome a una rúa.

A través do programa Coñece a túa rúa, a alcaldía está a remitir envíos postais específicos para cada rúa, sendo Alexandre Bóveda a primeira para dar comezo a esta iniciativa. Así, os veciños desta céntrica rúa de Melide recibirán nos vindeiros días unha carta da alcaldía acompañada cun tríptico no que se fai un breve percorrido pola traxectoria de Alexandre Bóveda, un dos políticos e intelectuais galegos máis sobranceiros da historia de Galicia que morreu fusilado no 1936.

A rúa Alexandre Bóveda adquiriu esta nova denominación o 17 de agosto do pasado 2007, xa que ata ese momento era coñecida como Avenida Martín Freire. Para a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, “o nome da rúa na que vivimos non está escollido nunca por casualidade, senón que imprime unha pegada de identidade e historia a ese lugar”. A campaña Coñece a túa rúa continuará nas vindeiras datas coa rúa Concepción Arenal.
Fonte concello de Melide

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.