![]() | catScratch Veces jugadas: 389 | |
![]() | Premiere FoosBall Veces jugadas: 655 | |
![]() | Olympic Games Veces jugadas: 670 | |
![]() | Lanzamiento de jabalina Veces jugadas: 714 | |
![]() | Alien Attack Veces jugadas: 661 |
| Melide recolle alimentos para axudar á grave crise humanitaria do Sáhara Occidental |
| Blogs - Asuntos sociales |
2732 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Domingo, 21 de Junio de 2009 14:37 | |
|
A chamada á doazón de alimentos está centrada en catro tipos de produtos: atún, aceite de oliva, lentellas e arroz. Tal e como se indica no bando municipal, todas as persoas que queiran facer a súa contribución á chamada de axuda humanitaria poden depositar os seus alimentos na Casa do Concello, a través da Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe a nacionalista Casé Rodríguez. O prazo para facer as doazóns está aberto ata o 15 de xullo e contarase tamén coa colaboración da Asociación Cultural Terra de Melide para a difusión desta iniciativa. Acollidas temporais Ademais destas accións puntuais de axuda á poboación saharauí, o Concello de Melide participa este verán, por segundo ano consecutivo, no programa de acollidas temporais de nenos e nenas saharauís durante os meses de verán en familias melidenses. O verán pasado foron catro os nenos que pasaron os meses de máis calor en Melide, pero nesta segunda campaña o Concello promoveu a acollida de seis nenos saharauís, que chegarán a Melide a comezos do mes de xullo. Malia que a convivencia diaria dos nenos se realiza con cargo ás familias de acollida, é o Concello o que corre cos gastos do desprazamento e das xestións que fan posible que seis nenos saharauís poidan escapar das duras condicións do verán africano. Fonte boletín de novas do concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.