![]() | Frogger Veces jugadas: 688 | |
![]() | Invaders Veces jugadas: 680 | |
![]() | Tetris Veces jugadas: 603 | |
![]() | Jewels Veces jugadas: 641 | |
![]() | Lanzamiento de jabalina Veces jugadas: 698 |
| vendo gallinas de raza Animales (20.03.2010) | |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Os grupos musicais de Melide xa contan con un local de ensaio |
| Blogs - Música |
2808 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Domingo, 21 de Junio de 2009 14:32 | |
|
O local de ensaio de Melide, que no seu día impulsara a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, é xa unha realidade. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Mocidade, Anabel Ramos, presentaron unha xornada de formación impartida por un enxeñeiro de son e dirixida aos membros dos grupos de música que xa solicitaron o uso do local.
Polo momento xa son cinco as formacións musicais de Melide que entraron na quenda de horarios fixada polo Concello para o uso do local de ensaio. Entre elas atópanse bandas de rock, de música alternativa, de metal, charangas e música folk. O enxeñeiro encargado de achegar as primeiras indicacións técnicas do local de ensaio de Melide aos seus usuarios destacou “a enorme calidade da infraestrutura en canto a insonorización e estudo dos espazos”, e insistiu en que “o local de ensaio de Melide está á altura de calquera estudo de gravación profesional, e perfectamente equipado para a gravación dun disco de calidade”. O local de ensaio de Melide está dividido en dúas salas operativas: unha sala de ensaio e outra de mesturas e gravacións. Entre o equipamento da sala de control atópanse amplificadores para guitarra eléctrica, acústica e baixo, mesa de mesturas de 16 canles, 16 micrófonos vogais ou un ecualizador gráfico de 30 bandas. A outra sala, ideada directamente para a gravación e o ensaio, conta con batería semiprofesional acústica, un xogo de platos semiprofesionais, cabezal de ampliación de guitarra, modeladores de guitarra e de baixo e un piano entre outras pezas. Socorro Cea presentoulles o local aos membros dos grupos musicais como “unha infraestrutura necesaria para a alta calidade e cantidade de formacións musicais que ten Melide”, e pediulles que coiden do local e de todo o material que dende esta semana se pon a disposición de todos os melidenses. A fin de organizar o seu uso, o Concello de Melide, a través da concellaría que dirixe Anabel Ramos, contactou cos grupos e asociacións musicais de Melide para que estes informasen de cales son os seus horarios de preferencia para o uso do local. Con esta información, o local de ensaio de Melide comezará a funcionar xa o vindeiro luns. O pasado ano, o anterior Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, asinara en Melide un convenio de colaboración polo cal a Dirección Xeral de Xuventude achegaba 112.000 euros para a posta en funcionamento deste servizo Fonte boletín de Novas do concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.