Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (118 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)

Webs amigas

 


Google

O CONCELLO DE MELIDE HOMENAXEA AOS SEIS DEPORTISTAS DE KICKBOXING MEDALLISTAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑ PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Antonio   
24/03/08
Esta tarde celebrouse unha recepción oficial no Concello na que participaron os deportistas das escolas melidenses que acadaron dúas medallas de ouro e catro de bronce coa Selección Galega.

O goberno municipal de Melide rendeu unha homenaxe esta tarde aos seis deportistas de Melide que a comezos deste mes acadaron medalla no Campionato de España de Kickboxing, celebrado na localidade madrileña de Alcorcón, para as modalidades de semicontact e formas.

Integrados na Selección Galega desta modalidade deportiva, competiron seis deportistas das escolas F.K. Melide e Escola Ayude, ámbalas dúas adestradas por José Manuel López Ayude, posto que o sétimo deportistas que viaxou coa escola non puido competir por un problema de peso. No Campionato de España, os melidenses acadaron dúas medallas de ouro, as dos irmáns Cora e Aron López Pallas, que competían nas categorías de entre 11 e 13 anos e de 8 e 10 anos respectivamente.

Amais destas medallas, o deporte de Melide acadou tamén catro medallas de bronce. Os deportistas que fixeron posible esta nova marca do kickboxing da zona foron Bruno Agra García (11 a 13 anos), Pedro López Costa (11 a 13 anos), Gonzalo Paredes Bruces (14 a 16 anos), e José Antonio Sánchez Conde, na categoría de máis de dezasete anos.

Todos eles, xunto co árbitro e o seu adestrador e tamén seleccionador da Selección Galega, José Manuel López Ayude, asistiron esta tarde a unha recepción ofrecida polo Concello de Melide, na que participaron tamén o concelleiro de Deportes, Antonio Varela; o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Prado Puga; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Antonio Díaz Rodríguez, e o concelleiro Santos López en representación do Partido Popular.

Durante este acto, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, fíxolle entrega aos deportistas e tamén ao seu adestrador, duns detalles simbólicos por parte do Concello, con motivo das marcas acadadas, e “como agradecemento ao que supoñen estes éxitos para o deporte de Melide”. Socorro Cea ofreceu “o noso apoio aos deportes minoritarios, posto que é deber do Concello divulgar e pór en valor o esforzo destes deportistas para que todos os melidenses se poidan sentir orgullosos, pois detrás dun gran triunfo hai sempre moitas horas de esforzo e adestramento”. Por parte da Escola Ayude, o adestrador dos campións, José Manuel López, agradeceu os parabéns do goberno local e fixo un chamamento para que este recoñecemento se poida plasmar tamén en colaboracións futuras. O adestrador destacou a capacidade de esforzo dos deportistas de kickboxing, por tratarse dunha modalidade individual na que é preciso combinar esforzo físico e mental.

O kickboxing é unha modalidade deportiva encadrada dentro dos chamados deportes de contacto, que abrangue distintas especialidades, como formas, o semicontact ou o fullcontact. A escola Ayude de Melide participou neste Campionato de España con sete alumnos, aínda que finalmente só puideron competir seis; os seis que trouxeron para Melide dúas medallas de ouro e catro de bronce.
Fonte concello de Melide

Votar favorito (91) | Visto: 3103

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons