![]() | Cow Fighter Veces jugadas: 660 | |
![]() | Happy Memory Veces jugadas: 827 | |
![]() | Gladiator Veces jugadas: 687 | |
![]() | Fifa World Cup Veces jugadas: 737 | |
![]() | Juguemos al fútbol Veces jugadas: 676 |
| Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo |
| Blogs - Educación |
3104 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Martes, 09 de Junio de 2009 08:47 | |
|
Convoca: Ministerio de Educación
Prazo de presentación: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2009, ambos incluídos. Especificacións: a) Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta. b) Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conduta para familias numerosas. c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. Requisitos: 1. Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta. 2. Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2008. Excepcionalmente, poderán concederse axudas a alumnos menores de dous anos sempre que os equipos correspondentes certifiquen a necesidade de escolarización máis temperá por razón das características da discapacidade. 3. Estar escolarizado en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, que sexan creados ou autorizados definitivamente como talles pola administración educativa competente, na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. 4. Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos: a) Educación Infantil. b) Educación Primaria. c) Educación Secundaria Obrigatoria. d) Bacharelato. e) Ciclos formativos de grao medio e superior. f) Ensinos artísticos profesionais. g) Programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial. h) Programas de formación para a transición á vida adulta. 5. Ademais para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa de calquera categoría, de acordo coa normativa vixente. Solicitudes: As solicitudes tanto de axuda como de subsidio poderán cumprimentarse por calquera dos medios que se indican a continuación: a) Mediante o impreso que será facilitado gratuitamente polas direccións provinciais do Ministerio de Educación, as comunidades autónomas ou polos centros a que se refire o artigo seguinte. b) A través da páxina web www.educacion.es. Neste último caso, unha vez cumprimentado, deberán imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo debidamente asinado. + info http://www.boe.es/boe/dias/2009/06/05/pdfs/BOE-A-2009-9369.pdf Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.