![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 620 | |
![]() | Ninjas Veces jugadas: 672 | |
![]() | Shoot Veces jugadas: 627 | |
![]() | Ping Pong Veces jugadas: 701 | |
![]() | Cow Fighter Veces jugadas: 643 |
| OS SOCIOS DE MELISANTO RECIBEN O APOIO DOS TRABALLADORES DA COOPERATIVA |
| Blogs - Asuntos sociales |
2919 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Jueves, 02 de Abril de 2009 14:17 | |
Ante a grave situación que está a atravesar o sector leiteiro da Cooperativa Melisanto debido ás decisións empresariais da distribución e das industrias lácteas, os traballadores desta cooperativa queremos amosar o noso total apoio á xestión que se vén realizando dende Melisanto para atopar alternativas que fagan posible a continuidade deste sector vital para a sociedade.Melisanto conta cun plantel de corenta traballadores/as directos, mais tendo en conta os empregos creados de subcontratacións a empresas que prestan os seus servizos directamente na cooperativa –transporte, maquinaria agraria,...- o número de traballadores e traballadoras ascende a cincuenta e dous. Logo dunha xuntanza mantida na tarde deste xoves entre os traballadores, os delegados de persoal, comunicaron a decisión non só de transmitir o apoio total do plantel de empregados ao Consello Reitor de Melisanto neste situación dramática para todos os que formamos parte da cooperativa, senón tamén a intención de avanzar medidas directas tendentes á procura dunha solución a curto prazo. Entre estas medidas, os traballadores de Melisanto acordamos “a conxelación dos soldos para o ano 2009”, como axuda inmediata para o reflote da situación económica que pode agravarse intensamente co devir deste conflito aberto polas industrias lácteas e a distribución. A cooperativa Melisanto é un alicerce fundamental da economía da comarca, polo que a posición do seu plantel de traballadores non pode ser outro que a solidariedade, o apoio e a prestación de toda a colaboración que sexa precisa para poder saír desta situación que, provocada por unha decisión empresarial allea á cooperativa está a derivar nunha incerteza da que son protagonistas todos e cada un dos socios desta entidade. Boletín concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.