| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (118 art.) | |
| Antonio (33 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) |
| O CONCELLO DE MELIDE ABRE O PRAZO PARA A ACOLLIDA DE NENOS SAHARAUÍS POR PARTE DE FAMILIAS DA VILA |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 13/03/08 | ||||||
O custo da viaxe correrá a cargo do Concello. As inscricións das familias interesadas poden realizarse dende este xoves.O pasado 28 de xaneiro a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, anunciou o compromiso do goberno municipal para que cinco familias de Melide puidesen acoller nos meses de verán a nenos saharauís. Esta acción intégrase dentro do programa Vacacións en paz 2008 promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e polo que se busca ofrecer unha estancia agradable e humanamente rica a nenos e nenas saharauís. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, mantivo onte unha xuntanza co delegado saharauí en Galicia, Mohamed Elhiba; o vicepresidente da asociación, Emilio Portela, e a secretaria desta entidade, Maite Isla, para ultimar as xestións que posibilitarán que cinco familias de Melide poidan ter en acollida a outros tantos nenos e nenas nos meses de xullo e agosto. Por parte do Concello sufragaranse os custos da viaxe de ida e volta, e durante os meses da estancia serán as familias as que se fagan cargo dos menores. Dende mañá xoves está aberto o prazo para que as familias interesadas na acollida tramiten a súa solicitude, na oficina xeral do Concello de Melide. Dende o goberno municipal enténdese esta iniciativa como “unha oportunidade de solidariedade e intercambio cultural que favorece tanto aos nenos saharauís como aos cativos e maiores da vila, que terán a ocasión de vivir cunha cultura distinta no seu día a día”. Os cinco nenos e nenas que virán a Melide naceron nos campamentos de refuxiados saharauís, situados dende hai máis de 30 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-saharauí. Por tanto, son fillos de saharauís que tiveron que abandonar os seus fogares debido á situación de conflito que se vive con Marrocos, estado que agora ocupa o territorio do antigo Sahara español. A axuda internacional é fundamental na vida cotiá destes nenos e nenas, para os que o proxecto Vacacións en paz supón unha ocasión para coñecer a nosa cultura, e desenvolver unha convivencia rica para o seu propio desenvolvemento persoal. O tempo de verán é especialmente cruel para os nenos e nenas que viven no Sahara occidental, debido ás agresivas condicións climatolóxicas. As familias interesadas en acoller un neno ou nena saharauí deben inscribirse nas oficinas do Concello de Melide antes de finais do mes de marzo. GABINETE DE COMUNICACIÓN CONCELLO DE MELIDE.- Votar favorito (65) | Visto: 1986
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons