Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | catScratch Veces jugadas: 332 | |
![]() | Poux Veces jugadas: 622 | |
![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 568 | |
![]() | Alien Colony Veces jugadas: 600 | |
![]() | Gator Hop Veces jugadas: 634 |
| MELIDE ACOLLERÁ O 7 DE XUÑO OS ACTOS DE HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR COMO ESCRITOR DO ANO |
| Blogs - Eventos |
7167 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Martes, 11 de Marzo de 2008 17:24 | |
|
Este ano, ademais, Melide celebra o 7 de xuño o 75 aniversario da primeira edición do libro Terra de Melide. O 7 de xuño daranse a coñecer tamén as obras premiadas nos Certames de Creación Literaria e Investigación “Terra de Melide”. Melide, 11 de marzo de 2008.- A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea cada ano a un escritor cunha serie de actos programados na súa terra natal. Este ano o homenaxeado é o melidense Xosé Vázquez Pintor, a quen a AELG fará entrega da simbólica “Letra E”, que xa teñen recibido escritores como Avilés de Taramancos, Bernardino Graña, Manuel María, Neira Vilas ou María Xosé Queizán. ![]() Os actos de homenaxe ao poeta e novelista melidense desenvolveranse na vila o sábado 7 de xuño. Ese día unha importante representación das administracións, da cultura e das letras galegas estará en Melide para arroupar ao escritor que naceu en Melide no ano 1946, aínda que a súa infancia e mocidade foron no concello veciño de Agolada. Na actualidade, Vázquez Pintor exerce de profesor de Ensino Medio en Cangas do Morrazo, aínda que sen descoidar nunca a súa intensa actividade cultural, que abrangue tanto creación literaria como traballos en prensa, radio e organización teatral. O Concello de Melide e a Asociación de Escritores en Lingua Galega traballan xa de forma conxunta no deseño do programa de actividades previsto para o 7 de xuño. Dentro desta programación inclúese a plantación dunha árbore simbólica que será escollida polo propio autor, así como a inauguración dun monolito conmemorativo no que se recollerán trazos da achega de Vázquez Pintor ao mundo das letras galegas, e a súa raizame con Melide. O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, que lle entregará a Vázquez Pintor a simbólica “Letra E” estivo onte en Melide, onde mantivo unha xuntanza coa alcaldesa, Socorro Cea, para tratar sobre a organización dos distintos actos que enchouparán Melide de cultura o vindeiro 7 de xuño. Socorro Cea lembrou que “o 7 de xuño é xa de por si unha data simbólica para o pobo de Melide, pois tal día coma ese de 1933, saíu do prelo da Editorial Nós o libro Terra de Melide. Este ano, no que se celebra o 75 aniversario desta gran biblia da etnografía da nosa comarca, non podería ter mellor broche cá homenaxe ao noso escritor máis senlleiro”. Novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo A “Letra E” incrementará o patrimonio de galardóns e recoñecementos co que xa conta Vázquez Pintor. Entre eles, cómpre destacar o premio Eduardo Pondal, o Esquío, o Torrente Ballester e mesmo o Premio da Crítica Española. Neste mesmo ano, o autor melidense recibiu o premio Vicente Risco pola súa obra Para dicir abril. Como poeta, Vázque Pintor publicou “Terra e pan”, “No corazón mancado” ou “Gándaras”, entre outros poemarios. Da súa narrativa destacan “De ida e volta”, “Lume de biqueira” ou “Memoria de boi”, aínda que tamén cultivou o teatro, coa creación de tres pezas. Nas vindeiras datas, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a alcaldesa de Melide manterán novas xuntanzas para pechar o programa de actividades deste especial 7 de xuño. Nota de prensa concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.