![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 647 | |
![]() | Simon Veces jugadas: 564 | |
![]() | Frogger Veces jugadas: 713 | |
![]() | Alien Colony Veces jugadas: 662 | |
![]() | Memory Cats Veces jugadas: 709 |
| vendo gallinas de raza Animales (20.03.2010) | |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Axudas a proxectos de mellora da xestión ambiental dos subprodutos das explotacións gandeiras |
| Blogs - Concursos y oposiciones |
3539 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 14 de Enero de 2009 01:37 | |
|
Obxecto: subvencións para
adecuar, reformar, mellorar e promover o desenvolvemento de sistemas innovadores
da xestión do esterco procedente das explotacións gandeiras, excepto da especie
porcina, que sexan respectuosos e compatibles coa protección do medio ambiente e
prevendo un enfoque integral de valorización dos subprodutos xerados mediante a
aplicación e o desenvolvemento de melloras técnicas dispoñibles na súa xestión,
que permitan previr a contaminación do chan, da auga e da atmosfera e que
contribúan a reducir os consumos ineficientes de auga e
enerxía. Beneficiarios: titulares de
explotacións gandeiras, excepto as explotacións porcinas, que teñan a
consideración de PEME. Actuacións subvencionables:
a) Implantación de
programas de valorización e xestión dos subprodutos e dos residuos nas
explotacións gandeiras que impliquen a protección do ambiente diminuíndo ou
eliminando a afección ambiental, evitando filtracións e verteduras, tanto desde
as fosas ou lugares de almacenamento dos subprodutos coma da contorna da propia
corte, a redución no consumo de auga e do uso de enerxía, incrementar e mellorar
a eficiencia no proceso da distribución e a incorporación ao chan valorizándoo
como fertilizante e limitando o desprendemento de partículas de cheiro á
atmosfera e que así contribúan á diminución do uso de fertilizantes
minerais. b) Desenvolvemento
de alternativas innovadoras na xestión do esterco procedente de explotacións
gandeiras, incluídos proxectos piloto ou proxectos de demostración de escala
razoablemente reducida. c) Compra, ou
arrendamento con opción de compra, instalación e posta en funcionamento, da
maquinaria e do equipamento necesario para a preservación e mellora da contorna
natural na xestión de esterco das explotacións gandeiras. d) Cobertura, peche
perimetral e/ou illamento das fosas ou lugares de almacenamento do esterco e
xurros para evitar a entrada de auga de choiva, filtracións e escorregadas,
aseguramento da impermeabilización de soleiras e fosas de xurros para evitar que
a aparición de fendas, roturas ou poros ocultos, poidan producir fugas con risco
de contaminación do chan e acuíferos. e) Sistemas de
control mediante piezómetros que permitan comprobar a estanquidade das soleiras
e/ou das fosas de almacenamento. Presentación de solicitudes:
As
solicitudes, xunto co resto da documentación requerida, irán dirixidas ao
conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e presentaranse
preferentemente no Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible en Santiago de Compostela, nos das respectivas delegacións provinciais,
ou no Rexistro Municipal do Concello de Cambre. No caso de envío por correo, na
cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar,
con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto
da súa admisión. Prazo de presentación:
do 13 de xaneiro ao
12 de febreiro de 2009, ambos incluídos. Publicación: DOG nº 7, luns 12 de xaneiro de
2009 Máis Información
(Anexos):
http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/482667d742f8d983c1257539004e45e5/$FILE/00700D009P036.PDF
Delegación Provincial da Consellería
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Praza Luís Seoane, s/n - 15008 A
Coruña Tel.: 981 184 498/494 - Fax: 981 184 482 Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.