![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 648 | |
![]() | Gladiator Veces jugadas: 690 | |
![]() | Frogger Veces jugadas: 717 | |
![]() | Ninjas Veces jugadas: 689 | |
![]() | Snake Veces jugadas: 563 |
| O PP PIDE UNHA XUNTA DE VOCEIROS CO FIN DE OBTER INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO DE DÍA. |
| Blogs - Actividades |
4188 hits |
| Escrito por Xiri | |
| Domingo, 28 de Diciembre de 2008 00:51 | |
A voceira do PP de Melide, Ánxeles Vázquez considera lamentable que o equipo de goberno non informe ó grupo máis votado sobre as circunstancias que van rodear a apertura do Centro de Día. O mesmo tempo solicita que no Centro de Día sexan admitidas persoas que teñan menos de 60 anos.
O PP de Melide ven de solicitar unha xuntanza de voceiros co fin de que o bipartito os informe de como se vai rexer o centro de día, xa que a día de hoxe da única información que dispoñen oficial e da cesión da residencia a vicepresidencia; pero descoñecese con que reglamento contará o centro de día , tasas, horario, idades ou o persoal que vai ser admitido, así como o importe que cada ano terá que pagar o Concello de Melide ó Consorcio de Servicios Sociais. Do que si é coñecedor o PP é das protestas reinantes na vila xa que ó parecer a este centro non poderan acceder menores de 60 anos o que deixa grandes dependentes da vila sen ser atendido e tendo que recurrir a centros de día de concellos veciños e como exemplo persoas con esclerosis múltiple que terán que seguir desplazándose todos os días a outros concello bastante máis pequenos que Melide pero mellor organizados.
Ánxeles Vázquez considera lamentable que o equipo de goberno( que presume de ser tan transparente ) non informe ó grupo máis votado en Melide de nada e agarda que en breve convoquen unha xunta de voceiros.
Unha vez máis a voceira do PP lamenta que Socorro Cea fixera caso omiso da proposta do grupo Popular de non tirar a parte baixa da residencia para convertela en Centro de Día porque a parte de perder Melide 75 prazas de residentes agora como consecuencia desta decisión Melide vai contar con un Centro de Día con moitas limitacións; Ánxeles Vázquez acusa a Cea de tirar o feito e deixar todo a medias así como de ser incapaz de defender os intereses do seu pobo xa que optou polo doado en vez de construir un centro de día noutra das moitas parcelas que deixou o PP como patrimonio do Concello.
Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.