Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | Olympic Games Veces jugadas: 609 | |
![]() | Juguemos al fútbol Veces jugadas: 598 | |
![]() | Lanzamiento de jabalina Veces jugadas: 643 | |
![]() | Poux Veces jugadas: 611 | |
![]() | Penguin Push Veces jugadas: 608 |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Yorkshire Enana Animales (20.02.2010) | |
| ACTIVIDADES CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA EN MELIDE |
| Blogs - Actividades |
7393 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Viernes, 07 de Marzo de 2008 14:44 | |
|
O Concello de Melide exporá por vinte e catro comercios da vila os carteis cos que se ten celebrado esta data noutros anos, e ofrecerá programación especial arredor do Día da Muller durante varios días. Con motivo da celebración do 8 de marzo, Melide acollerá unha serie de actividades dende hoxe venres e ata o vindeiro mércores organizada polo departamento de Igualdade e Benestar que dirixe a nacionalista Casé Rodríguez. Así, dende hoxe 24 establecementos comerciais da vila terán expostos os carteis cos que en anos anteriores se conmemorou o Día Internacional da Muller Traballadora. En oficinas bancarias, no Museo, ou en establecementos comerciais, calquera persoa que este venres e durante a fin de semana pasee por Melide pode atoparse coas iconografías que lembran que segue habendo moitos para reivindicar, dende que en 1914 se celebrara por primeira vez o 8 de marzo. Os carteis que esta fin de semana seguirán espallados por vinte e catro comercios de Melide poderán visitarse dende o luns nunha exposición conxunta instalada no Edificio Multiusos, e que permanecerá ata pasada a Semana Santa. Aínda que este venres xa se están desenvolvendo actividades, o propio día da reivindicación feminista será este sábado. Para ese día, a Radio Municipal de Melide fará unha programación especial e monotemática que contará coa participación de mulleres implicadas de distintas maneiras na evolución da situación da muller dentro da sociedade e na súa loita por unha sociedade igualitaria. Así mesmo, neste día de programación especial de RadioMelide, contarase ás 11 da mañá coa intervención da presidenta da asociación de familias separadas “Solidariedad”, e media hora máis tarde a avogada da asociación de mulleres xuristas “Themis” falará sobre as circunstancias legais que rodean a situación das mulleres nos días de hoxe. A programación da Radio Municipal manterá a temática da situación da muller tamén durante o luns, cun programa no que intervirán a psicóloga e a directora do Centro de Información á Muller, do Concello de Melide, un servizo a disposición de todas as mulleres, sito no Centro Social do noso Concello. A nivel de ambientación musical, durante estes días, a Radio Municipal está a dar maior protagonismo á música feita por mulleres ou grupos de mulleres galegas. Así, estes días soa en Radio Melide Leilía, Mercedes Peón, Uxía, Rosa Cedrón, a portuguesa Dulce Pontes e, dun xeito moi especial, o último disco da Señora Carmen, integrante do grupo Malvela que con 83 anos vén de editar o seu primeiro disco en solitario. Dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide quérese render unha especial homenaxe a esta artista de Mos que simboliza un exemplo de muller traballadora e proxección propia no mundo da música. Para rematar estes días de especial concienciación sobre as necesarias políticas de igualdade entre homes e mulleres, o mércores ás 17.30h a Concellería de Igualdade proxectará no Centro Social a película “Las chicas del calendario”, na que a unión de esforzos de varias mulleres está no fondo do seu argumento. Gabinete de prensa concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.