![]() | catScratch Veces jugadas: 396 | |
![]() | Tetris Veces jugadas: 620 | |
![]() | Lanzamiento de jabalina Veces jugadas: 716 | |
![]() | Toques al balón Veces jugadas: 623 | |
![]() | Ninjas Veces jugadas: 688 |
| PREZOS PUBLICOS PISCINA MUNICIPAL |
| Blogs - Economía |
4127 hits |
| Escrito por Xiri | |
| Domingo, 30 de Noviembre de 2008 20:25 | |
APROBACIÓN MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE MELIDE
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 7 de novembro de 2008, aprobou o expediente de modificación do prezo público da Piscina municipal do Concello de Melide, segundo a redacción establecida no Anexo I, que recolle o Texto Íntegro da Ordenanza Nº23 Reguladora do Prezo Público pola prestación do Servizo Público da piscina municipal climatizada do Concello de Melide. Este acordo, xunto co expediente administrativo, exponse ó público na Intervención municipal, durante trinta días hábiles, a contar dende o seguinte día hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello ou no BOP, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. De non se presentar reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, de conformidade co disposto no art. 17.3 da Lei 39/1988, e tendo en conta que para os prezos públicos é de aplicación o previsto no artigo 65.2. en relación co 70.2. da LBRL. ANEXO I. Nº 23.- ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA DO CONCELLO DE MELIDE Artigo 1.-Fundamento e natureza: De conformidade co disposto no artigo 41 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo este Concello acorda establece-lo prezo público por prestación do servicio público municipal de piscina, atendendo as súas normas ó disposto nos artigos 41 a 47 do citado TRLFL 2/2004. Artigo 2.-Obxecto. Será obxecto deste prezo público a utilización da piscina climatizada municipal así como a prestación de servicios nela. Artigo 3.-Obrigados ó pagamento. Estarán obrigados ó pagamento persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten a utilización da piscina municipal ou se beneficien dos servicio prestados polo Concello, a que se refire o artigo anterior. Artigo 4.-Responsables. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria. Artigo 5.-Contía. Establécense as seguintes tarifas: TARIFAS: TIPO DE COTA TARIFA Cota de inscrición 20,00 Abonado Individual 25,00 Abonado Familiar (comprende os xóves ata 17 anos) 32,00 Abonado Xoven (ata 25 anos) 20,00 Abonado individual 3ª edad (máis de 65 anos) 20,00 Abonado familiar 3ª edad (máis de 65 anos un dos cónxuxes e máis de 60 o outro). 28,00 Entrada libre piscina 5,00 Entrada libre ximnasio 4,00 Aboados especiais (minusválidos, APAS, Clubs deportivos), dous días por semana cun máx. de 2h/día, presentando acreditación especial 12,00 Matinal (de 9.00 a 13.00 h) 18,00 Cotas mensuais de actividades acuáticas programadas: COTAS MENSUAIS ACTIVIDADES ACUÁTICAS PROGRAMADAS TIPO DE CURSILLISTA ABOADOS Cursillista aboado neno 1 día semana 6,00 Cursillista aboado neno 2 días semana 12,00 Cursillista aboado adulto 1 días semana 7,00 Cursillista aboado adulto 2 días semana 14,00 Cursillista aboado bebé 1 día semana 9,00 Cursillista libre neno 1 día semana 12,00 Cursillista libre neno 2 días semana 24,00 Cursillista aboado 1 días semana 14,00 Cursillista aboado 2 días semana 28,00 Cursillista bebé 1 día semana 18,00 • Cotas mensuais por calquera dos programas da área de saúde. Abonados: 25 euros. Non abonados: 45 euros. • Cotas mensuais doutras actividades Abonados: 25 euros. Non abonados: 45 euros. Exencións: Non terán que aboar cota ningunha, sendo, polo tanto, gratuíto o servicio: - Os nenos menores de seis anos en actividades non programadas. - Os perceptores da RISGA. - O alumnado de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, coas seguintes condicións: cada colexio de Melide poderá enviar, unha hora semanal e de xeito gratuíto, un grupo composto dun número de alumnos non superior a sesenta, acompañados dos profesores que legalmente corresponda, co obxecto de realizar actividades complementarias e non extraescolares. Esta exención articularase a través do oportuno convenio. As tarifas anteriores actualizaranse anualmente co IPC. Artigo 6.-Obriga ó pagamento. 1- A obriga de pagamento do prezo público regulado na presente Ordenanza nace desde o momento en que se solicite, se preste o servicio ou se realice a actividade sinalada como obxecto dela. 2- As cotas de aboamento faranse efectivas por mensualidades anticipadas nas contas de domiciliación bancaria dos suxeitos pasivos. Para iso, e como condición previa para a adquisición da condición de abonado, o suxeito pasivo cubrirá o impreso de inscrición e de domiciliación bancaria. 3- Na primeira mensualidade, e para os abonados, cargarase o importe da cota de inscrición. 4- As cotas correspondentes ás entradas puntuais faranse efectivas directamente ó persoal encargado do servicio, o cal expedirá o correspondente xustificante de pagamento. O control, xestión e liquidación contable delas será competencia do Servicio Municipal de Recadación e Intervención. 5- Aqueles abonados que non estean ao corrente dos seus pagamentos non poderán acceder ás instalacións. A falta de pagamento de tres recibos consecutivos será causa de baixa automática como abonado. 6- Os abonados que voluntariamente soliciten a baixa deixaráselles de cargas as cotas correspondentes. Establécese un prazo de aviso previo de 15 días respecto do período de devengo mensual no que produza efectos económicos a baixa. 7- O Concello de Melide expedirá un carné identificativo de abonado (no que se inserirá unha fotografía do abonado), que deberá presentar a solicitude do persoal encargado do servicio. O dito carné é persoal e intransferible, debéndose devolver ó Concello de Melide se se causa baixa como abonado. Artigo 7.-Infraccións e sancións. As infraccións por incumprimento das normas previstas na presente ordenanza, así como as sancións correspondentes, rexeranse polo establecido no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais disposicións legais que a desenvolven. Os titulares de abonos están obrigados a comunicar ó Concello as variacións na súa situación familiar ou económica cando teñan efecto sobre a aplicación das cotas. O incumprimento da dita obriga, así como o ocultamento, falseamento ou engano de datos dará lugar á baixa forzosa na condición de abonado e, de ser o caso, ás demais responsabilidades que houbese. Artigo 8.-Entrada en vigor. A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación definitiva no BOP e comezará a aplicarse a partir desta. (BOP nº 35, do 12/02/2003) (BOP nº 267, do 20/11/2003) (BOP nº 299, do 31/12/2003) (BOP nº 267 19/11/2004 e BOP nº 300, 31/12/2004) Melide, 13 de novembro de 2008 A ALCALDESA, Asdo./ Mª Socorro Cea Vázquez. Boletín Nº 275. Viernes, 28 de noviembre de 2008 Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.