![]() | Tetris Veces jugadas: 615 | |
![]() | Alien Colony Veces jugadas: 651 | |
![]() | Poux Veces jugadas: 676 | |
![]() | Premiere FoosBall Veces jugadas: 653 | |
![]() | Shoot Veces jugadas: 638 |
| vendo gallinas de raza Animales (20.03.2010) | |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Arranca en Melide unha campaña de información sobre a TDT |
| Blogs - Infraestructuras |
4426 hits |
| Escrito por Antonio | |
| Lunes, 24 de Noviembre de 2008 21:31 | |
|
Segundo informa a dirección xeral, o plan de actuación para o apagado de Ourense Leste e Santiago prevé un mínimo de 6 meses de convivencia entre as dúas tecnoloxías. Por iso, o despregamento dixital rematará nas dúas zonas o 31 de decembro de 2008, cunha cobertura superior ao 98,5% da poboación para o múltiplex autonómico, que leva o sinal das dúas canles da TVG e as futuras privadas de Popular TV e de La Voz de Galicia. A campaña diríxese aos axentes do sector, administracións locais, radiodifusores, instaladores, comunidades de veciños e cidadanía en xeral para garantir que ninguén deixe de recibir os servizos de televisión que até agora vía en analóxico. O obxectivo é facilitar o proceso de transición do analóxico ao dixital. Comunicarase que o servizo ten maior calidade de imaxe e son e novas posibilidades con respecto á vella tecnoloxía. Ao acto de Melide están convidadas persoas dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Mesía, Ordes, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo e Vilasantar. O lema da campaña é "Imos por diante". Unha vez se complete o acendido dixital no mes de decembro, que beneficia a 51 concellos das dúas demarcacións, Retegal e a secretaría xeral encargaranse de despregar encheocos para completar a cobertura até acadar o acceso universal no que respecta ao múltiplex autonómico, de cara a o apagón de finais de xuño. No resto de Galiza as datas son do 31 de decembro de 2009, para as áreas de Ares (A Coruña) e Meda (Ourense) e do 3 de abril de 2010 para Domaio (Pontevedra) e Páramo (Lugo). O proxecto de transición de Ourense Leste e Santiago afecta a 44.184 e 357.673 habitantes, respectivamente, mentres que o de Meda abrangue 339.603, o de Ares 709.831, o de Páramo 316.227 e o de Domaio 936.001. A campaña enmárcase na liña estratéxica INF-LA1, de Infraestruturas e servizos de telecomunicacións. Fonte www.sociedadedainformacion.eu Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.