Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
Un evento es un acontecimiento que desde la web queremos dar a conocer. Es decir: FIESTAS en cualquier pueblo, un acontecimiento DEPORTIVO, cualquier otro que quieras hacer llegar a la comunidad, una REUNION de amigos, etc.
Todo aquello que te parezca interante... Sólo tienes que hacer clic en AGREGAR EVENTO.
|
Comeza en Santiago o FSGAL; o Foro Social Galego |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
18/11/08 |
O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008, un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Prá en Brasil. O Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo. O lema: Pensar e construir alternativas desde Galiza.
Máis de 100 adhesións, 12 debates autoxestionados por 32 movementos
sociais, 2 debates plenarios, 10 horas de audiovisuais, presentación de
14 publicacións e campañas reivindicativas; concertos, actividades
culturais, feira de asociacións, asemblea de movementos sociais. + info en www.forosocialgalego.org
Votar favorito (66) | Visto: 1916
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |