error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Happy Memory
Veces jugadas: 769
 
Poux
Veces jugadas: 649
 
Fifa World Cup
Veces jugadas: 689
 
Frogger
Veces jugadas: 676
 
Snake
Veces jugadas: 542
 

Usuarios en linea

Tenemos 296 invitados conectado(s)
A Secretaría Xeral de Comunicación inaugura o Telecentro do concello de Melide
Blogs - Asuntos sociales
4346 hits
Escrito por Administrator   
Lunes, 17 de Noviembre de 2008 16:08
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel J. Fernández Iglesias, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea Vázquez, inauguraron hoxe o telecentro de comunicación do concello (sito no Edificio Multiusos) co que a Secretaría Xeral de Comunicación pretende achegar aos veciños as novas canles de comunicación, convertendo este telecentro nun espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e a alfabetización dixital.

No acto participaron ademais preto de 50 alumnos do Colexio Público do municipio, o tenente alcalde, Manuel Prado, así como os representantes das asociacións municipais. Desde Vedra, a través de videconferencia, o alcalde do municipio, Odón Cobas García, deu a benvida ao concello de Melide á Rede de Telecentros de Comunicación.

A Secretaría Xeral de Comunicación colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC. A inversión da Secretaría Xeral de Comunicación para a posta en marcha dese telecentro de comunicación foi de 120.000 €.

Ademais de dotar aos TCs do equipamento axeitado (no caso do TC de Melide 20 terminais de ordenador), a Xunta de Galicia busca que adquiran un dinamismo para o que se están a desenvolver proxectos que permiten aproveitar as sinerxías que xorden da administración autonómica e da local.

Un dos obxectivos da Secretaría Xeral de Comunicación é converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación (TC) para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais ou conferencias, entre outros.

A Rede de Telecentros galega
Un telecentro de comunicación (TC) é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver).

A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan.

Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Arzúa, Boiro, Carballo, Ribeira, Santa Comba, Muros, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, Santa Comba, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Marín, Redondela, Tui e Vigo.

Fonte da nova Xunta.es

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.