NubladoNublado 10 oC
Humedad: 65%
Viento: SO a 11 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 282 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 49 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Olympic Games
Veces jugadas: 680
 
Premiere FoosBall
Veces jugadas: 661
 
Juguemos al fútbol
Veces jugadas: 681
 
Invaders
Veces jugadas: 709
 
Cow Fighter
Veces jugadas: 669
 

Usuarios en linea

Tenemos 207 invitados conectado(s)
Melide será a sede do primeiro centro de discapacitados intelectuais da provincia
Blogs - Asuntos sociales
4824 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 15 de Octubre de 2008 01:51
O Concello de Melide será o primeiro da provincia da Coruña en contar cun centro de discapacitados intelectuais a nivel provincial. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, no seu plan de equipamento á discapacidade, está a desenvolver oito centros deste tipo en toda Galiza, dous por provincia, nos que se atenderá a persoas con deficiencias intelectuais, tanto en réxime de internado como en servizo diúrno.

O director xeral de Acción Social, Bieito Seara, visitou hoxe xunto cun técnico da Vicepresidencia os terreos que o Concello de Melide pon a disposición da Xunta para a construción desta importante infraestrutura, sitos na parte traseira do centro de saúde da vila. Bieito Seara destacou que “Melide se atopa nunha ubicación idónea para un centro provincial destas características, e ademais, dada a situación do terreo, o centro estará perfectamente integrado coa rede de servizos do Concello, ao estar a carón do centro médico e no mesmo casco urbano da vila”. O director xeral gabou tamén as boas condicións urbanísticas do terreo, que achega case cinco mil metros cadrados edificables.

Segundo palabras do responsable da área de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta, a vindeira semana encargarase o proxecto a obra, cuxa licitación se prevé para o primeiro trimestre do ano 2009 e no que Vicepresidencia investirá uns 5 millóns de euros. Desa maneira, e tendo en conta que o período aproximado de execución será duns 20 meses, o centro podería comezar a funcionar a mediados de 2010.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, amosouse moi satisfeita por “este novo servizo social que chega a Melide”, e lembrou que “neste ano e medio que levamos á fronte do Concello de Melide púxose en marcha o proxecto de construción dunha galescola, que estará en funcionamento no próximo curso; a creación dun centro de día, que tamén ofrecerá o seu servizo antes do remate deste ano, e conseguimos o desbloqueo da residencia de maiores, ata este momento sen uso debido á carencia de equipamento, pero que no vindeiro ano abrirá as súas portas”.

No encontro con Bieito Seara, a rexedora melidense congratulouse de que “grazas a toda esta colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, Melide será unha referencia dos servizos sociais en todo o País”.

Servizos e movemento económico para Melide
Cando o centro de discapacitados abra as súas portas, abrirase unha oferta de sesenta prazas para persoas con discapacidade intelectual, que farán uso do centro en réxime de internado. Ademais, esta instalación contempla unha zona de centro de día, de xeito que unhas vinte persoas con este tipo de discapacidade poderán asistir en horario diurno. Nestes momentos, en toda Galiza só existen outros dous centros similares ao que se vai instalar en Melide, sitos en Sarria e Redondela.

A alcaldesa de Melide destacou que “amais de ofrecer un servizo á cidadanía, sendo referente provincial, o centro de discapacitados empregará a uns cincuenta traballadores, o cal é tamén unha extraordinaria noticia para Melide”.


Fonte nota de prensa Concello de Melide.
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.