Chat | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (131 art.) | |
| Antonio (39 art.) | |
| anxo (11 art.) | |
| El enterrador (5 art.) | |
| gelines (32 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
| Axudas Prantación de frondosas (castiñeiro, freixo, bidueiro, carballo, etc) |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 04/03/08 | ||||||
|
Axuda/Subvención:
axudas para a
prantación de frondosas caducifolias (castiñeiro, castiñeiro híbrido, freixo,
ameneiro, bidueiro, carballo, carballo albariño, carballo americano, nogueira,
nogueira americana, pradairo, cerdeira). Organismo: Conselleira do
Medio Rural Beneficiarios: os propietarios
particulares, as agrupacións destes propietarios, as cooperativas agrarias, os
pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas
xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man
común. Non poderán ser
beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarios dos
terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do
terreo a un terceiro. Prazos: Dende o 19 de febreiro ata o 20 de
marzo de 2008, ambos incluídos. Presentación de
solicitudes: As solicitudes das
axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizados para o efecto (anexo I) e
facilitados polos órganos da Consellería do Medio Rural. As ditas solicitudes
presentaranse nas súas oficinas, nas súas delegacións provinciais ou na forma
prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán
dirixidas ao conselleiro do Medio Rural. Publicación: DOG Nº 34, 18 de
febreiro de 2008 Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/be5896ffe234d972c12573f0005132b1/$FILE/03400D009P014.PDF Votar favorito (59) | Visto: 3575
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons