Anuncios gratis | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (131 art.) | |
| Antonio (39 art.) | |
| anxo (11 art.) | |
| El enterrador (5 art.) | |
| gelines (32 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
| II Premio Graffiti |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 15/10/08 | ||||||
Para participar na modalidade do libro web, o alumnado dispoñerá dunha
ferramenta que se encontra na web habilitada pola Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/contidos/libros, para concursar na modalidade graffiti hai que reunir estes requisitos:Destinatarios: 3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional. Prazo de presentación: Ata o 15 de novembro de 2008 ás 15:00 horas. Solicitude de participación: Cada centro educativo interesado en participar deberá completar o formulario de participación e cubrir todos os campos obrigatorios. O documento no que se presente deseño do graffiti deberá cumprir os criterios especificados: · Tamaño máximo: 1,5 MB · Formato: JPG ou PDF Ademais, deberase indicar as necesidades dos materiais precisos para a realización do graffiti, que proporcionará a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Premios: A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade concederá un premio a un centro educativo por provincia. O premio consistirá na participación no programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no Albergue Xuvenil As Sinas, en concreto, no subprograma "Da Areagorda ao Mar Maior". Criterios de valoración: A comisión seleccionará os traballos premiados tendo en conta os seguintes aspectos: · Estética. · Traballo colaborativo. · Traballo previo e posterior de aula. · Que se traballen os contidos voluntarios a través de intervención artística Resolución: A decisión do xurado farase pública na segunda quincena de novembro nesta páxina web http://www.voluntariadogalego.org/graffiti. O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con anterioridade ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado. Fonte voluntariadogalego.org Votar favorito (41) | Visto: 1736
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons