Webs útiles | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (131 art.) | |
| Antonio (39 art.) | |
| anxo (11 art.) | |
| El enterrador (5 art.) | |
| gelines (32 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
| Chanchullos Made in Melide: 6 profesores contratados para Conservatorio de Música nunca deron clase |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 20/09/08 | ||||||
O Concello de Melide descobre que seis profesores contratados para o Conservatorio de Música nunca deron clase no mesmoEstas seis persoas eran contratadas ano tras ano polo Concello de Melide para impartir clase no Conservatorio, pero en realidade facían traballos unicamente para a Orquestra Sinfónica de Melide. O Concello de Melide gastou 53.000 euros o curso pasado na contratación destas seis persoas que nunca deron clase. O Conservatorio Municipal de Melide está sendo obxecto de polémica nas últimas semanas debido a que o actual equipo de goberno decidiu aclarar o funcionamento do mesmo e mellorar o seu servizo. Dende o ano pasado, foron moitas as queixas que chegaron ao Concello por parte de alumnos e pais referentes ao funcionamento do mesmo. As queixas máis reiteradas eran que boa parte do alumnado estaba tendo menos horas de clase das debidas, que moitos profesores impartían clase de instrumentos para os que non estaban contratados, que a Banda de música estaba moi desatendida, que non se potenciaban determinados instrumentos, que varios alumnos marchaban a conservatorios de outros concellos veciños, etcétera. A opinión maioritaria dos pais dos alumnos era que a Directiva do Conservatorio estaba máis preocupada pola Orquestra Sinfónica de Melide que polo Conservatorio Municipal. Diante destas queixas, o actual equipo de goberno decidiu chegar ata o fondo da cuestión e saber que vén ocorrendo no Conservatorio dende hai anos. A primeira conclusión á que chegou o equipo de goberno hai uns meses é que un total de seis persoas contratadas ano tras ano como profesores e monitores de música para impartir clase no Conservatorio Municipal de Melide nunca desempeñaron dita función. Trátase de músicos que recibían un soldo mensual do Concello de Melide para impartir clase no conservatorio e, nembargante, en vez de desempeñar a función para a que foran contratados, desenvolvían tarefas para a Orquestra Sinfónica e tocaban na mesma. Desta maneira, o goberno melidense constatou tamén que había cinco profesores contratados polo concello para impartir violín, cando esta materia só a imparte dende hai anos unha única profesora no Conservatorio. A consecuencia disto, o goberno melidense decidiu sacar a concurso para o curso 2008-2009 un total de 11 prazas de profesor en vez de 17 prazas (trece de profesor e catro de monitor) que viña convocando en anos anteriores. Dicir tamén que todos os concursos celebrados en anos anteriores para a contratación do profesorado para o Conservatorio recibían sempre críticas por parte dos servizos de Secretaría e Intervención municipais, pois chamáballes a atención que sempre se presentaran o mesmo número de aspirantes que prazas se ofertaban ou que se ofrecesen salarios distintos a profesores por unha mesma tarefa. Nesta ocasión, presentáronse un total de 53 músicos para cubrir 11 prazas do Conservatorio para o curso 2008-2009. Os exames tiveron lugar na xornada do venres e continuarán o luns.. CARTOS PÚBLICOS PARA FINS PRIVADOS A contratación deses tres profesores e tres monitores supuxo un gasto para o Concello de Melide o curso pasado de 52.382 euros, cando ningún deles impartiu clases no Conservatorio. Diante deses datos considerados graves polo goberno melidense, decidiuse actuar, pois entende que o concello non pode contratar e pagar con cartos públicos a persoas que traballan para unha asociación privada como é o caso da Asociación Cultural e Musical Melidá, á que pertence a Orquestra Sinfónica de Melide e a Banda Municipal. Diante da confusión e polémica creadas nas últimas semanas por parte da Dirección do Conservatorio, tentando facer crer á cidadanía que o actual goberno melidense eliminaba seis prazas de profesor e que, en consecuencia, non se impartirían determinadas materias no vindeiro curso, tivo lugar unha charla informativa organizada polo goberno municipal á que asistiron as familias do alumnado e que encheron a sala de conferencias do Edificio Multiusos para escoitar a información oficial respecto a esta cuestión. Nestes intres están desenvolvéndose as probas a máis de 50 aspirantes para ocupar as 11 prazas de profesor que, nun principio, se ofertan para o presente curso no Conservatorio de Melide. O goberno local amosa o total apoio ao Conservatorio de Grao Medio e amosa o seu convencemento de que todas estas actuacións e investigacións serán beneficiosas para un mellor funcionamento do Conservatorio municipal e para un mellor control do gasto público. Fonte da nova boletín municipal Votar favorito (46) | Visto: 2161
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 20/09/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons