|
Remata este mes o prazo para a presentación de fotografías do certame de Galicia Central |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
15/09/08 |
A agrupación de municipios que forman Melide, Lalín, Monforte e O Carballiño ten aberto ata o día 15 o prazo para a presentación de traballos que mellor capten a imaxe de Galicia Central. Unha das primeiras actividades de tipo cultural propostas pola asociación Galicia Central foi un certame fotográfico. Este certame procura as mellores fotografías que recollan as imaxes máis significativas dos catro concellos: de Melide o Camiño de Santiago, de Lalín a escultura urbana, de Monforte o río, e do Carballiño o polbo. O prazo remata mañán luns día 15 de setembro de 2008.
Votar favorito (56) | Visto: 1442
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |