Lluvias de poca intensidadLluvias de poca intensidad 16 oC
Humedad: 83%
Viento: O a 14 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Cow Fighter
Veces jugadas: 647
 
Frogger
Veces jugadas: 700
 
Penguin Push
Veces jugadas: 671
 
Snake
Veces jugadas: 555
 
Poux
Veces jugadas: 670
 

Usuarios en linea

Tenemos 255 invitados conectado(s)
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca
Blogs - Deportes
5460 hits
Escrito por Antonio   
Lunes, 15 de Septiembre de 2008 00:12
A Consellería de Medio Ambiente abriu o período de presentación das solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca nos coutos para a tempada 2009. As solicitudes, tanto individuais como en grupo (máximo de tres solicitantes), poderán realizarse ata 30 de setembro, segundo aparece publicado no DOG do 22 de agosto de 2008.

Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp. Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinatura e a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débese introducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixente ou calquera de anos anteriores).

A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina web coa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listas terán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro.

Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, que se realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciais de Conservación da Natureza.

Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerán grupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais e na web.

Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nos prazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla, que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes deste proceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais de conservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca.

No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizo provincial.

Vía xunta.es

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.