![]() | Fórmula 1 Veces jugadas: 673 | |
![]() | Tetris Veces jugadas: 603 | |
![]() | Fifa World Cup Veces jugadas: 710 | |
![]() | Juguemos al fútbol Veces jugadas: 651 | |
![]() | Poux Veces jugadas: 662 |
| Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca |
| Blogs - Deportes |
5459 hits |
| Escrito por Antonio | |
| Lunes, 15 de Septiembre de 2008 00:12 | |
|
Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp. Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinatura e a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débese introducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixente ou calquera de anos anteriores). A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina web coa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listas terán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro. Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, que se realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerán grupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais e na web. Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nos prazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla, que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes deste proceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais de conservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca. No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizo provincial. Vía xunta.es Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.