Un evento es un acontecimiento que desde la web queremos dar a conocer. Es decir: FIESTAS en cualquier pueblo, un acontecimiento DEPORTIVO, cualquier otro que quieras hacer llegar a la comunidad, una REUNION de amigos, etc.
Todo aquello que te parezca interante... Sólo tienes que hacer clic en AGREGAR EVENTO.
|
A Asociación de Troiteiros Rio Furelos, retira 700 kilos de lixo do Río Catasol |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
10/09/08 |
A Asociación de Troiteiros 'Rio Furelos', retira arredor de
setecentos quilos de lixo do Río Catasol, no segundo día das IV
Xornadas de Limpeza.
O segundo día de limpeza destas IV Xornadas celebrouse o pasado
sábado día 6 de Setembro e os labores dos voluntarios centráronse por
primeira vez no “sufrido” Río Catasol. En concreto, nun tramo de
aproximadamente cinco kilómetros entre a ponte Traspedra e os pasais de
Zas de Rei. Arredor de 700 quilos de lixo de todo tipo foron retirados
dun río que, non debemos esquecer, sufriu nese tramo o ano pasado un
aleivoso e mortífero vertido de purín. Metros e metros de plásticos de
silos, varias rodas de coches, unha lavadora, tres recipientes
metálicos que semellaban depósitos, sillas de praia e tamén de escola
infantil, decenas de prendas de lá, mantas,botellas de vidrio, latas,
somieres... e todo tipo de restos foron extraídos do seu cauce e das
súas beiras. Resultou especialmente dificultosa a retirada dunha
estrutura metálica, polo seu peso (quizais no seu día fose o soporte
dun depósito de auga dunha casa) Tamén houbo que deixar para o día
seguinte a retirada dun mallazo metálico aceirado, por non contarmos o
sábado á tarde coas ferramentas axeitadas.
Á hora de xantar, como vén sendo habitual nestas Xornadas, os
voluntarios, máis de vinte nesta ocasión, se temos en conta os que
participaron na limpeza, nos labores de transporte, na loxística e na
intendencia, reuníronse arredor dunha mesa repleta de boas viandas
(paella, berberechos ao vapor, empanada de vieiras...) co fin retomar
forzas para os traballos da tarde.
Ademais destes labores de limpeza, os membros da Asociación comprobaron
o estado no que quedaron os catro últimos quilómetros do curso deste
río Catasol, despois da extracción dos sete mil kilos de chapapote que
neste verán verteu un camión como consecuencia dun accidente
posiblemente evitable. Nese tramo o río quedou limpo, tan limpo que só
leva auga. Só auga. Sen ningún tipo de vida. Agora agardar que este
repaso que lle demos quilómetros arriba sirva para acelerar a súa
recuperación. Como vimos facendo desde a nosa fundación, ofrecemos a
máxima colaboración á Consellería de Medio Ambiente para poñer en
práctica os procedementos necesarios a fin de que esta se produza canto
antes.
Faremos os seguimentos necesarios e colaboraremos arreo en todo o que
sexa preciso para que os ríos da nosa contorna cumpran os parámetros
ecolóxicos antes da data fixada pola Directiva Europea sobre a calidade
dos ríos que ten como límite o ano 2015.
O presidente Xavier Pazo en nome da directiva quere manifestar o máis
sincero agradecemento aos que participaron nesta iniciativa, e a todos
aqueles que nos dan o seu apoio.
Fonte da nova, web da asociación Rio Furelos
Votar favorito (93) | Visto: 3597
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |