Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (131 art.)
Antonio (39 art.)
anxo (11 art.)
El enterrador (5 art.)
gelines (32 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (9 art.)


Google

A Asociación de Troiteiros Rio Furelos, retira 700 kilos de lixo do Río Catasol PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
10/09/08

A Asociación de Troiteiros 'Rio Furelos', retira arredor de setecentos quilos de lixo do Río Catasol, no segundo día das IV Xornadas de Limpeza.

O segundo día de limpeza destas IV Xornadas celebrouse o pasado sábado día 6 de Setembro e os labores dos voluntarios centráronse por primeira vez no “sufrido” Río Catasol. En concreto, nun tramo de aproximadamente cinco kilómetros entre a ponte Traspedra e os pasais de Zas de Rei. Arredor de 700 quilos de lixo de todo tipo foron retirados dun río que, non debemos esquecer, sufriu nese tramo o ano pasado un aleivoso e mortífero vertido de purín.
Metros e metros de plásticos de silos, varias rodas de coches, unha lavadora, tres recipientes metálicos que semellaban depósitos, sillas de praia e tamén de escola infantil, decenas de prendas de lá, mantas,botellas de vidrio, latas, somieres... e todo tipo de restos foron extraídos do seu cauce e das súas beiras.
Resultou especialmente dificultosa a retirada dunha estrutura metálica, polo seu peso (quizais no seu día fose o soporte dun depósito de auga dunha casa) Tamén houbo que deixar para o día seguinte a retirada dun mallazo metálico aceirado, por non contarmos o sábado á tarde coas ferramentas axeitadas. Á hora de xantar, como vén sendo habitual nestas Xornadas, os voluntarios, máis de vinte nesta ocasión, se temos en conta os que participaron na limpeza, nos labores de transporte, na loxística e na intendencia, reuníronse arredor dunha mesa repleta de boas viandas (paella, berberechos ao vapor, empanada de vieiras...) co fin retomar forzas para os traballos da tarde.

Ademais destes labores de limpeza, os membros da Asociación comprobaron o estado no que quedaron os catro últimos quilómetros do curso deste río Catasol, despois da extracción dos sete mil kilos de chapapote que neste verán verteu un camión como consecuencia dun accidente posiblemente evitable. Nese tramo o río quedou limpo, tan limpo que só leva auga. Só auga. Sen ningún tipo de vida. Agora agardar que este repaso que lle demos quilómetros arriba sirva para acelerar a súa recuperación. Como vimos facendo desde a nosa fundación, ofrecemos a máxima colaboración á Consellería de Medio Ambiente para poñer en práctica os procedementos necesarios a fin de que esta se produza canto antes.

Faremos os seguimentos necesarios e colaboraremos arreo en todo o que sexa preciso para que os ríos da nosa contorna cumpran os parámetros ecolóxicos antes da data fixada pola Directiva Europea sobre a calidade dos ríos que ten como límite o ano 2015.
O presidente Xavier Pazo en nome da directiva quere manifestar o máis sincero agradecemento aos que participaron nesta iniciativa, e a todos aqueles que nos dan o seu apoio.

Fonte da nova, web da asociación Rio Furelos

Votar favorito (47) | Visto: 1948

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons