Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Cento trinta rapaces participan na xornada de convivencia entre Melide e o Carballiño |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
22/07/08 |
Un grupo de rapaces do Carballiño pasaron o día compartindo xogos e experiencias cos participantes nos campamentos de verán de Melide. A xornada enmárcase nas actividades de Galicia Central, a asociación voluntaria de municipios que integran Melide, O Carballiño, Monforte e Lalín. Esta visita dos escolares do Carballiño a Melide enmárcase na programación da asociación Galicia Central, que aínda a semana pasada presentou en rolda de prensa o seu Certame de Fotografía, que seleccionará as imaxes máis significativas dos catro concellos que forman esta asociación. A seguinte xuntanza dos alcaldes de Melide, O Carballiño, Monforte e Lalín, será este mércores, 23 de xullo, nas terras de Lemos. Fonte, nota de prensa concello de Melide
Votar favorito (20) | Visto: 417
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |