| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (131 art.) | |
| Antonio (39 art.) | |
| anxo (11 art.) | |
| El enterrador (5 art.) | |
| gelines (32 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
![]() | 314 registrados |
![]() | 1 hoy |
![]() | 12 esta semana |
![]() | 31 este mes |
![]() | Ultimo: Montse |
| As festas do San Roque contarán este ano co I Festival da Canción Terra de Melide |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 01/07/08 | ||||||
|
O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Festas, Antonio Díaz, vén de anunciar a celebración do I Festival da Canción Terra de Melide, un acto lúdico e cultural que se celebrará na noite do 21 de agosto na Praza do Convento. Segundo o concelleiro Antonio Díaz, “o Festival será un escaparate para a xente nova que gusta da canción, por iso queremos que sexa unha actividade aberta ao público, para que participen todas as persoas que o desexen”. O cerne deste Festival estará composto por rapaces e mozos, aínda que non se porá límite de idade para a participación. Non obstante, o Concello de Melide encargarase da inscrición de todos os interesados e interesadas, a través do Departamento de Cultura. O prazo para formalizar esta inscrición rematará o vindeiro 15 de xullo. Unha vez se teña elaborado unha relación das persoas que interpretarán as súas cancións no Festival, a organización do mesmo encargarase de preparar aos intérpretes para a agardada actuación do día 21. O concelleiro responsable desta iniciativa destacou que “se trata dun Festival, non dun concurso, pois queremos que sexa unha porta aberta para todas as persoas que queiran pasar un momento agradable, sen establecer competición nin rivalidades”. Este Festival enmárcase no programa de actividades das festas do San Roque, que se desenvolverán en Melide entre o 15 e o 22 de agosto. Nota de prensa concello de Melide Votar favorito (91) | Visto: 3269
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons