|
O Concello de Melide organiza campamentos urbanos de verán para nenos de 3 a 9 anos |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
20/06/08 |
As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 15 de agosto, e os nenos deberán formalizar as súas inscricións no departamento de Cultura. Neste mes e medio de programación, os nenos e nenas que participen –previa inscrición no Departamento de Cultura, a partir deste luns, 23 de xuño- aprenderán a arte da papiroflexia e da globoflexia ou a traballar co coiro en obradoiros temáticos Os xogos, a música, o baile moderno e a aproximación ás danzas do mundo estarán tamén presentes nestes campamentos que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas no Edificio Multiusos de Melide. Outras actividades que se desenvolverán serán a iniciación á informática, obradoiros de fotografía, teatro e actividades deportivas. O custo da participación nesta programación de verán impulsada polo Concello de Melide limítase a 15 euros por cada semana de actividade e cada neno, cun desconto do cincuenta por cento a partir do segundo irmán. Fonte da nova, concello de Melide
Votar favorito (47) | Visto: 1089
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |