Mayormente nubladoMayormente nublado 11 oC
Humedad: 94%
Viento: N a 2 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Tetris
Veces jugadas: 615
 
Alien Attack
Veces jugadas: 659
 
Shoot
Veces jugadas: 641
 
Premiere FoosBall
Veces jugadas: 655
 
Cow Fighter
Veces jugadas: 657
 

Usuarios en linea

Tenemos 240 invitados conectado(s)
Xestur saca a concurso as 35 parcelas da 2ª fase do Parque Empresarial de Melide
Blogs - Infraestructuras
6806 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 12 de Junio de 2008 23:04
O prazo para a presentación das ofertas estará aberto dende o 13 de xuño ata o 14 de xullo.
As empresas interesadas en asentarse no polígono industrial de Melide teñen aberto o prazo, a partires deste venres, para presentar as súas ofertas de compra de parcelas na segunda fase do polígono.
A entidade Xestur, encargada da xestión do polígono industrial, publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia e en prensa, o anuncio do concurso público de venda de parcelas, así como os pregos da contratación, a información sobre os prezos das parcelas e a documentación necesaria para formular as ofertas, que deben presentarse nas oficinas de Xestur Galicia antes do 14 de xullo. O anuncio de Xestur dá un paso importante para a expansión do polígono empresarial de Melide, no que nestes momentos están case rematadas as obras de urbanización da segunda fase. Esta urbanización pendente dende hai anos dotará ao polígono da Madanela de 67.507 metros cadrados máis, dos cales case 58.000 se dedicarán directamente a uso empresarial.
Os prezos das trinta e cinco novas parcelas que se poñen á venda, publicados por Xestur, oscilan entre os 39.120 € da máis pequena aos 195.180 € que custará a máis grande delas que chega aos 3.253 metros cadrados.
O parque empresarial da Madanela conta cunha superficie total de 142.513 metros cadrados, distribuídos nun total de 74 parcelas. Para o equipo de goberno, o anuncio do inicio da venda das parcelas desta segunda fase supón un paso importante para a implantación de novas empresas e para a ampliación das instalacións de moitas das existentes.  

Internet no polígono da Madanela
Por outra banda, o polígono industrial de Melide foi seleccionado pola Consellería de Innovación e Industrial para proceder ao desenvolvemento de redes de telecomunicacións sen fíos de acceso á internet de banda longa, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información.
O equipo de goberno de Melide, a través da alcaldesa, Socorro Cea, mantivera varios encontros coa Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, así como co Delegado de Industria e Presidente de Xestur, Luís Barcia, para explicarlle os graves problemas do parque nese eido e solicitarlle a mellora no acceso á rede dende o polígono industrial de Melide.
A inclusión do Polígono Industrial de Melide na listaxe dos 19 parques empresariais seleccionados pola Consellería de Innovación e Industria supón tamén unha boa e agardada noticia. O DOG do pasado 5 de xuño confirmaba a aprobación destas melloras no Parque Empresarial de Melide.

Nota de prensa Concello de Melide
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.