|
Festa do deporte en Melide |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
05/06/08 |
O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galiza a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns. En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte –fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade. A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade. + info en www.deportegalego.es ou www.concellodemelide.org
Votar favorito (63) | Visto: 2742
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |