|
SUBVENCIÓNS PARA FACILITAR A AUTONOMÍA PERSOAL DIRIXIDAS ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA
|
| (23/07/08) escrito por Administrator |
| Para persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia . Requisitos: Residir na Comunidade Autónoma de Galicia Que a axuda solicitada derive da súa dependencia recoñecida Non ter percibido nos últimos anos axudas co mesmo fin salvo Que a adaptación ou axuda técnica sexa complementaria da anteriormente concedida, para os efectos de previr a situación de dependencia ou de promover a autonomía persoal do solictante Que a adaptación ou axuda técnica solicitada sexa distinta das anteriormente concedidas e se deba a un agravamento da situación de dependencia Que a natureza ou carácter da axuda técnica ou producto de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria recoñecido en anteriores convocatorias sexa perecedeiro pola normal deterioración DOG 18-07-2008 Plazo de Inscripción hasta 19/8/2008 + info en http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7d953bd098f8f4cfc125748900448b77/$FILE/13900D005P015.PDF |
|
Cento trinta rapaces participan na xornada de convivencia entre Melide e o Carballiño
|
| (22/07/08) escrito por Administrator |
| Un grupo de rapaces do Carballiño pasaron o día compartindo xogos e experiencias cos participantes nos campamentos de verán de Melide. A xornada enmárcase nas actividades de Galicia Central, a asociación voluntaria de municipios que integran Melide, O Carballiño, Monforte e Lalín. Esta visita dos escolares do Carballiño a Melide enmárcase na programación da asociación Galicia Central, que aínda a semana pasada presentou en rolda de prensa o seu Certame de Fotografía, que seleccionará as imaxes máis significativas dos catro concellos que forman esta asociación. A seguinte xuntanza dos alcaldes de Melide, O Carballiño, Monforte e Lalín, será este mércores, 23 de xullo, nas terras de Lemos. Fonte, nota de prensa concello de Melide |
|
Wimax no concello de Melide
|
| (21/07/08) escrito por Administrator |
| A Consellería de Innovación e Industria, asinou un convenio de colaboración cos gobernos locais de dez concellos, entre eles o de Melide para o despregamento de redes de telecomunicacións sen fíos de acceso á internet de banda larga, nos polígonos industriais; o coñecido como Wimax. Como saberedes, Wimax, é básicamente o wifi, pero con radios de cobertura de hasta 48 km e velocidades de ata 70 megas independientemente da orografía do terreo. Unha gran nova sin dúbida, para o noso concello. + info en www.sociedadedainformacion.eu |
|
FESTAS DO CARME DE MELIDE 2008
|
| (15/07/08) escrito por Administrator |
| Mércores 16 Pasarrúas a cargo do grupo AXÓUXERE. Às 14:30 no Cantón de S. Roque e as 23:30 na Praza do Convento Ás 21:30 concerto na Praza do Convento das CORAIS POLIFÓNICAS de BETANZOS e de MELIDE Verbena coa orquestra SALSA ROSA e o grupo LOS LADOS Xoves 17 Pasarrúas co grupo de gaitas e baile O CASTELO ás 14:00 no Cantón de S. Roque e as 21:30 na Praza do Convento Ás 23:00 na Praza do Convento actuación da BANDA DE MÚSICA DE VISANTOÑA Verbena coa orquestra XENTE NOVA e o grupo TRIUNFO |
|
Xornada de debate sobre a planificación eólica en Galiza
|
| (15/07/08) escrito por Administrator |
| Este venres día 18 de xullo a asociación ecoloxista ADEGA convoca unha xornada de traballo e debate sobre a PLANIFICACIÓN EÓLICA en Galiza. Será a partir das 18h na sé de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas 180, entrechán, Lugo). Nesta xuntanza trataremos de abordar distintos aspeitos (marco legal, afeccións ambientais, impacto socioeconómico...) do desenvolvemento eólico así como da planificación enerxética no país. Trátase dunha convocatoria aberta a socios/as de ADEGA e persoas interesadas no tema, na que contaremos coa presenza de técnicos/as e expertos na avaliación de impactos das instalacións eólicas. + info en www.adega.info |
|
La Xunta ayudará a mayores de 65 años a pagar sus audífonos y dentaduras postizas
|
| (10/07/08) escrito por Administrator |
| Desde el 10 de julio y hasta dentro
de un mes se pueden solicitar estas ayudas en las delegaciones de
Vicepresidencia y en los ayuntamientos. Aunque es difícil valorar el
coste de una rampa, el de un audífono está más claro: entre 900 y 3.000 € . Una prótesis dental no baja de los 1.000 € y cada funda ronda los 500. El objetivo general es mejorar la calidad de vida
de los gallegos que, por edad o por enfermedad, sufren alguna
limitación física. Si les cuesta subir escalones o entrar en la bañera,
pues tendrán hasta 3.000 euros para poner una rampa o una ducha .
Si no ven bien o no oyen bien, pueden pedir 2.500 euros para tener
aparatos adaptados y 800 para un audífono. Y si tienen la dentadura
dañada, pues hay 500 euros para prótesis. Noticia original 20minutos.es |
|
II Vía Stellae, Festival de Música de Compostela e os seus Camiños
|
| (05/07/08) escrito por Administrator |
| CHELICIA GRUPO DE VIOLONCHELOS DE COMPOSTELA Chelistas compositores… compositores chelistas MELIDE (Igrexa parroquial) venres, 18 de xullo de 2008. 21:00h. + indo en www.viastellae.es |
|
Subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2008-2009
|
| (03/07/08) escrito por Administrator |
| PUBLICADA NO DOG A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DINAMIZADORES 2008-2009 Resolución do 18 de xuño de 2008 pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009. Medida I. Diversificación cara actividades non agrarias. O obxectivo desta medida é o de ampliar o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a diversificación destas. En xeral, concederanse subvencións que fomenten o inicio ou mellora de calquera actividade produtiva non agraria, que supoña un complemento á renda dos agricultores e permita un mellor aproveitamento das infraestruturas e bens de capital existentes na explotación ou da man de obra excedente. Beneficiarios: os membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria, que realicen actividades agrarias nunha explotación no momento de solicitar a axuda. A explotación deberá estar en posesión do código de explotación agraria e o titular da explotación deberá obter como mínimo o 15% da súa renda total da actividade agraria realizada na explotación. Medida II. Creación e desenvolvemento de microempresas . O obxectivo desta medida é contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais, a través do apoio á creación e desenvolvemento de microempresas. Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos: -Ter un número de empregados inferior a 10 e un volume de negocios anual ou balance xeral anual non superior a 2 millóns de euros. Para o cálculo de efectivos computaranse os asalariados propietarios que dirixen a súa empresa e os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e desfruten das vantaxes financeiras. -Cumprir co criterio de independencia, nos termos que se establecen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión. Medida III. Fomento de actividades turísticas. Constitúe o obxecto desta medida: a consolidación e mellora da oferta turística e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais, apoiando actuacións que contribúan a crear condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais no sector. A posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística das zonas rurais. Beneficiarios: Asociacións de empresarios do sector turístico no medio rural. Outras asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro. Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos (só para as actividades subvencionables recollidas na liña B). Medida IV. Servizos básicos para a economía e a poboación rural. O obxecto desta medida é apoiar a implantación e mellora dos servizos á poboación rural, en especial daqueles que respondan ás novas necesidades dos habitantes e empresas das áreas rurais. Beneficiarios: -Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, e, f. -Cooperativas agrarias e de servizos sociais: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, f. -Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, d, f. -Asociacións de empresarios e de artesáns: actividades subvencionables previstas na alínea g. Medida V. Conservación e mellora do patrimonio rural. O obxecto desta medida é favorecer a conservación e a valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais. Preténdese apoiar a preservación da calidade paisaxística e da diversidade biolóxica, así como incentivar a conservación e a valorización dos elementos patrimoniais e culturais das zonas rurais. Beneficiarios: -Para as actividades subvencionables previstas na alínea a: comunidades de montes veciñais en man común e asociacións sen ánimo de lucro, sempre que a superficie sobre a cal se vai actuar corresponda a montes veciñais en man común. -Para as actividades subvencionables previstas nas alíneas b, c: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común. Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos. Prazo de presentación: do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2008, ambos incluídos. Presentación de solicitudes: As solicitudes e resto de documentación requerida dirixiranse ao director xeral da Agader e presentaranse no rexistro xeral da Agader (Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Publicación: DOG nº 127, mércores 2 de xullo de 2008 Máis
información (Actividades subvencionables e Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/27672caf8c62a30ec1257479004bc96e/$FILE/12700D005P012.PDF
Modelos
de solicitude: http://agader.xunta.es
Información
sobre as axudas: Páxina web da Agader http://agader.xunta.es , teléfono 981 54 73 82 , Enderezo electrónico:
areadeseguimentodeinvestimentos@xunta.es, presencialmente, previa cita no
teléfono 981 54 73
82 . |
|
Segunda edición do concurso musical Nsaio no Camiño
|
| (02/07/08) escrito por Administrator |
| A Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, pon en marcha de novo este ano o concurso musical Nsaio no Camiño, unha iniciativa para dar a coñecer a grupos musicais noveis de Galicia. O grupo ou artista gañador de Nsaio no Camiño obterá como premio a gravación dun traballo discográfico e así mesmo, asinará un contrato cunha discográfica de nivel estatal e tamén un contrato de management. As bandas ou solistas interesados, que cumpran os requisitos, deben presentar as súas maquetas antes do vindeiro día 15 de xullo . As maquetas ou CDs deben constar polo menos de tres temas , dos cales un deles polo menos debe de estar en galego. A media de idade das formacións debe de estar comprendida entre os 16 e os 35 anos e un 60%, como mínimo, dos seus integrantes deben de ser residentes en Galicia. + info www.nsaio.org novas.xunta.es/node/10374 |
|
As festas do San Roque contarán este ano co I Festival da Canción Terra de Melide
|
| (01/07/08) escrito por Administrator |
| As persoas afeccionadas á canción terán este ano, no marco das festas do San Roque de Melide, unha oportunidade para darse a coñecer ante o numeroso público que durante esta semana ateiga a vila melidense. O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Festas, Antonio Díaz, vén de anunciar a celebración do I Festival da Canción Terra de Melide , un acto lúdico e cultural que se celebrará na noite do 21 de agosto na Praza do Convento . Segundo o concelleiro Antonio Díaz, “o Festival será un escaparate para a xente nova que gusta da canción, por iso queremos que sexa unha actividade aberta ao público, para que participen todas as persoas que o desexen”. O cerne deste Festival estará composto por rapaces e mozos, aínda que non se porá límite de idade para a participación . Non obstante, o Concello de Melide encargarase da inscrición de todos os interesados e interesadas, a través do Departamento de Cultura. O prazo para formalizar esta inscrición rematará o vindeiro 15 de xullo. Unha vez se teña elaborado unha relación das persoas que interpretarán as súas cancións no Festival, a organización do mesmo encargarase de preparar aos intérpretes para a agardada actuación do día 21. O concelleiro responsable desta iniciativa destacou que “se trata dun Festival, non dun concurso, pois queremos que sexa unha porta aberta para todas as persoas que queiran pasar un momento agradable, sen establecer competición nin rivalidades”. Este Festival enmárcase no programa de actividades das festas do San Roque, que se desenvolverán en Melide entre o 15 e o 22 de agosto. Nota de prensa concello de Melide |