Inicio
Tamaño letra
A+ | A- | Reset
Usuarios
Inicio
Inicio Inicio
Mapa del sitio
Nuestra localidad
Calendario de eventos
Directorio local
Buscar en este sitio
Mas ...
Chat Chat
Libro de visitas
Anuncios gratis
Foros Foros
Encuestas
Usuarios de la web
Fotos de los usuarios
Juego al azar
  Player  Score 
1.sandra345

Ads Google
Empleo
Ofertas de empleo
Entretenimiento
Postales para enviar
Chistes diarios
Traduce con google
Horóscopo
Juegos
Recomendamos
Webs útiles Webs útiles
Deja tu mensaje

Nombre

URL o Email

Mensaje (Smilies)


Escriben
admin (69 art.)
Antonio (18 art.)
anxo (7 art.)
El enterrador (1 art.)
gelines (22 art.)
Thor (1 art.)
Total usuarios
181 registrados
2 hoy
4 esta semana
34 este mes
Ultimo: jesuspl
Sindicaciones
Estadisticas
OS: Linux i
PHP: 5.2.6
MySQL: 5.0.51a-log
Hora: 19:07
Caching: Enabled
GZIP: Enabled
Usuarios: 182
Noticias: 135
Enlaces: 132
Otros blogs
www.corunacity.com
www.culleredoxove.com
www.carralxoven.com
www.cambrexoven.com
www.oleirosxoven.com
www.betanzosweb.com
www.melidexove.com
Webs amigas
 



Google
Regístrate y envía artículos,  noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
Blog de Antonio
CONVOCADA LA IV EDICIÓN DEL PREMIO IDEAS
(23/07/08) escrito por Antonio
La Fundación Una Galicia Moderna,  convoca el Premio Ideas -que alcanza de este modo su cuarta edición- con el fin de incentivar el pensamiento creativo de los jóvenes emprendedores gallegos, ofreciendo un total de 9.000 euros para las mejores ideas empresariales. El primer premio, en memoria de María José Jose Santos, tendrá una dotación de 6.000 euros y, con el fin de reconocer las aportaciones de mayor relieve, se concederán dos galardones más dotados con 2.000 y 1.000 euros respectivamente. El plazo para la presentación de los proyectos se abrirá el próximo día 1 de septiembre y concluirá el 3 de octubre a las 15:00 horas. La decisión del Jurado designado por el Patronato de la Fundación Una Galicia Moderna se emitirá en el último trimestre del año y la entrega se llevará a cabo al igual que en las convocatorias precedentes en un acto público. Fundación Una Galicia Moderna R/Caballeros 29, 1º 15009 A Coruña Tlf. 981 154 325 fundacion@unagaliciamoderna.com + info en www.unagaliciamoderna.com

Ver/Adicionar comentarios (0)

Melide acollerá esta fin de semana a I Feira do Libro no Camiño de Santiago
(22/07/08) escrito por Antonio
Dende o sábado, ás 11 da mañá –hora de apertura da feira-, poderanse visitar as casetas de librarías instaladas na praza, onde ás 12 h, a escritora Mercedes Queixas pronunciará o pregón co que quedarán inaugurados dous días dunha feira literaria pioneira en Melide. Entre as visitas ás casetas, o Concello de Melide programou para as 13 horas do sábado a presentación da segunda novela da escritora Iria López, un prometedor talento da literatura galega que falará en Melide da súa obra Santa Matriusca.     Será tamén no marco desta feira, o sábado, cando se realice a entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide, Os sons de Galiza, cuxos vinte e cinco finalistas, traballos en lenzo sobre bastidor, poden visitarse durante estes días no Museo da Terra de Melide. A entrega de premios deste certame de pintura dará comezo ás 18.30 horas, no Salón de Plenos do Concello.      Para os máis pequenos, o sábado desenvolveranse talleres sobre ilustración e outros aspectos vencellados aos libros , así como unha sesión de contacontos a cargo de Santi Prego. O equipo de goberno de Melide incluíu tamén na programación desta fin de semana varias actuacións musicais. A primeira delas, o sábado –Cantón de San Roque, 23 horas-, traerá a Melide ao grupo Sumrrá, que presentará na vila o seu terceiro traballo, co que se está a consolidar como grupo de referencia a nivel estatal pola calidade do seu jazz que conserva sempre a pegada galega. Xornada intensa na mañá do domingo As actividades con maior peso literario desta I Feira no Camiño de Santiago concentraranse na mañá do domingo 27. Ás 12 horas, o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, moderará unha mesa redonda na que participarán varios gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide entre os anos 2000 e 2007. Ao seu remate, o escritor Xosé Vázquez Pintor, que recentemente deu nome á biblioteca pública municipal da vila, estará na Feira do Libro para participar nun coloquio que xirará derredor da súa obra Para dicir abril. Xunto a Vázquez Pintor, estarán Ánxela Gracián, directora da Colección Medusa de Sotelo, onde o autor melidense publicou a súa obra, e tamén a escritora cubana Yanelis Velazco, autora da tese Xosé Vázquez Pintor: a memoria que reconstrúe un mundo. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, avanzou que “quixemos con esta feira recoñecer o traballo das librarías de Melide, unilas nun proxecto común e dar un pulo á actividade literaria e creativa que sempre caracterizou á nosa comarca”. Así mesmo, a rexedora melidense destacou que “temos un programa ambicioso que traerá a Melide a figuras de referencia da literatura galega actual, ao tempo que queremos apostar por novos rostros e actividades que animen á xente nova a achegarse aos libros”. Neste sentido, a Feira do Libro que organiza o Concello de Melide contará tamén o domingo con obradoiros, dirixidos polo ilustrador Xosé Tomás; contacontos coa compañía Seisdedos e contos de ciclobibliotecas con Anxo Moure. Amais, durante os dous días, o Concello de Melide sorteará entre os asistentes á feira lotes de libros. Nesta mesma liña de fomento da lectura, o Concello de Melide ten tamén a disposición dos usuarios das piscinas de Furelos o servizo de bibliopiscinas, grazas ao cal se poden consultar xornais e libros en servizo de préstamo nas propias instalacións das piscinas descubertas. Dende a Concellaría de Cultura, a concelleira Conchi Castro destacou que “é unha aposta pioneira para o noso Concello, pero entendemos que os libros e a cultura non deben ficar ancorados nas grandes cidades, senón que é preciso tamén escoitar o que teñen que dicir as vilas coma Melide, nas que a actividade cultural é se cadra menos vistosa pero de gran calidade”. A Feira do Libro poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, o sábado e o domingo, que se pechará coa actuación musical de Tino Vaz, ás 21.30 horas, na Praza do Convento. Nota de prensa concello de Melide
I Festival do arte e das letras de Melide
(03/07/08) escrito por Antonio
Do 4 ao 27 de xullo de 2008. Programa: Día 4 de Xullo ás 22:30h no Cantón de San Roque (Jazz) Marcos Teira Cuarteto presenta o seu  novo disco “Alí” . Marcos Teira  caracterízase por un estilo jazz moi persoal. Día 5 de Xullo  ás 22:00h no Cantón de San Roque (Jazz) Luthea Salom. Guitarra acústica e voz. Cantautora canadense producida por David Bowie, foi a abreconcertos de Norah Jones durante o ano 2007 na súa xira  americana. Día 7 de Xullo no Museo Terra de Melide Exposición das 25 obras finalistas do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de  Melide  2008 “Os sons de Galiza” que se expoñerá no Museo da Terra de Melide até o  27 de xullo. Día 8/9/10 de Xullo ás 12:00h no Centro Multiusos Obradoiro de “Iniciación ás artes plásticas a través da interpretación de pezas de música clásica” a cargo da artista plástica Rebeca Ponte. Día 12 de Xullo ás 12:30h no Salón de plenos do Concello Conferencia sobre o papel fundamental dos concellos  e institucións na formación artística e cultural da poboación mediante a organización e apoio de eventos artísticos. Día 13 de Xullo ás 20:30h no Museo Terra de Melide Inauguración da exposición fotográfica “El flamenco está en el aire” do fotógrafo Xavier Berdala. Día 13 de Xullo ás 21:30h na Praza Do Conven Día 27 de xullo     * 12:00 horas. Mesa Redonda moderada por Manuel Bragado(Director de Edicións Xerais) onde participarán varios autores/as gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide(2000-2007)     * 12:00-12:30 horas. Contos de Ciclobibliotecas con Anxo Moure.     * 17:30 horas. Obradoiro de Ilustración con José Tomás para nenos e nenas de 7 a 12 anos. (inscrición no Departamento de Cultura do Concello. Prazas limitadas)     * 19:00 horas. Contacontos coa compañia Seisdedos.     * 23:00 horas. Actuación Musical.  to Actuación de “Agarimos del Sur”. Guitarra, voz e grupo de baile. Día 13 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie completa “El flamenco está en el aire”. Día 18 de Xullo ás 18:30h no Centro Multiusos Exposición dos traballos realizados polos nenos  do taller de artes plásticas  de Rebeca Ponte. Ás 18:30 horas no multiusos. Día 19 de Xullo ás 22:0h no Cantón de San Roque Acuña Jazz Band. Piano, guitarra, contrabaixo, batería e saxofón tenor. Día 20 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie “cidades” do fotógrafo urbano Agustín Góngora. Día 21 de Xullo ás 11:00h / 12:30h noCentro Multiusos Taller de iniciación á danza contemporánea a cargo da bailarina Ángela Blanco. Día 21 de Xullo ás 21:00h no Cantón de San Roque Actuación da peza “Descarriadas” de danza contemporánea de Ángela Blanco. Día 23 de Xullo ás 20:30h no Centro Multiusos Taller de iniciación á fotografía para adultos a cargo do fotógrafo Jordi Oliver. Día 24 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie fotográfica “Lessons “ de Jordi Oliver. FEIRA DO LIBRO Día 26 e 27de Xullo de 11:00 a 14:00 h e de 17:00-21:30h na Praza Do Convento Día 26 de xullo     * 11:00 horas. Inauguración da Feira.     * 12:00 horas. Pregón a cargo de Mercedes Queixas.     * 17:30 horas. Taller de iniciación á ilustración de literatura infantil a cargo da artista Lara Pintos.     * 18:30 horas. Entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de  Melide.     * 19:30 horas. Contacontos de Santi Prego.     * 23:00 horas. Actuación do grupo de jazz “SUMRÁ” de Manolo Gutiérrez no  cantón de San Roque.  Día 27 de xullo     * 12:00 horas. Mesa Redonda moderada por Manuel Bragado(Director de Edicións Xerais) onde participarán varios autores/as gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide(2000-2007)     * 12:00-12:30 horas. Contos de Ciclobibliotecas con Anxo Moure.     * 17:30 horas. Obradoiro de Ilustración con José Tomás para nenos e nenas de 7 a 12 anos. (inscrición no Departamento de Cultura do Concello. Prazas limitadas)     * 19:00 horas. Contacontos coa compañia Seisdedos.     * 23:00 horas. Actuación Musical. + info en artemelide.com
Subvencións a entidades para o desenvolvemento de programas de promoción e formación de mulleres
(26/06/08) escrito por Antonio
Poderán solicitar as axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Prazo de presentación: do 25 de xuño ao 24 de xullo de 2008, ambos incluídos. Programa 1: de promoción de actividades Programa 2: centros de atención especializada. Programa 3: recursos especializados (financiamento da prestación de recursos especializados ás mulleres co fin de superar situacións de marxinación ou de desigualdade). Programa 4: estímulo á formación de mulleres (fomentar a mellora da capacitación das mulleres para ingresar no mercado de traballo no rol de asalariadas ou de traballadoras autónomas, para avanzar na solución da segregación horizontal e vertical por mor do xénero que sofre o mercado laboral galego, mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo: a) Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional naquelas profesións en que se atopen subrepresentadas e que sexan demandadas polo mercado de traballo. b) Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres, nomeadamente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable. c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores. d) Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.). + info DOG nº 121, martes 24 de xuño de 2008 http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/53ca87912204b95ec1257471005c9863/$FILE/12100D011P053.PDF Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Tlf.: 981545366 Fax: 981545365 Correo electrónico: sgpihm@xunta.es Delegación Provincial do Servizo Galego de Promoción da Igualdade: Avda. do Exército 2 - 15006. A Coruña Tfno: 981.185.771
O Concello de Melide organiza campamentos urbanos de verán para nenos de 3 a 9 anos
(20/06/08) escrito por Antonio
As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 15 de agosto , e os nenos deberán formalizar as súas inscricións no departamento de Cultura. Neste mes e medio de programación, os nenos e nenas que participen –previa inscrición no Departamento de Cultura, a partir deste luns, 23 de xuño- aprenderán a arte da papiroflexia e da globoflexia ou a traballar co coiro en obradoiros temáticos Os xogos, a música, o baile moderno e a aproximación ás danzas do mundo estarán tamén presentes nestes campamentos que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas no Edificio Multiusos de Melide . Outras actividades que se desenvolverán serán a iniciación á informática, obradoiros de fotografía, teatro e actividades deportivas. O custo da participación nesta programación de verán impulsada polo Concello de Melide limítase a 15 euros por cada semana de actividade e cada neno, cun desconto do cincuenta por cento a partir do segundo irmán. Fonte da nova, concello de Melide

Ver/Adicionar comentarios (0)

Festa do deporte en Melide
(05/06/08) escrito por Antonio
O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galiza a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns. En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte –fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade. A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade. + info en www.deportegalego.es   ou www.concellodemelide.org
XXVI Día da muiñeira
(04/06/08) escrito por Antonio
Celébrase con carácter de exhibición, non de concurso, e poderán participar os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquias, A. de Veciños, A. Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia. Data:  8 de xuño de 2008 ás 17.30 h.: pasarrúas ás 18.00 h.: exhibición Lugar      Xardíns de Méndez Núñez Organiza A. X. Xacarandaina +info www.xacarandaina.com , 981 277 315  ou en info@xacarandaina.com
Melide estreará local de ensaio a finais de ano no que se investirá 112.000 euros
(30/05/08) escrito por Antonio
Os grupos musicais de Melide contarán antes do remate deste ano cunha nova instalación municipal ao seu servizo para poderen ensaiar. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Mocidade, Anabel Ramos, entrevistáronse esta mañá co Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, para abordar diferentes proxectos en marcha, así como novas posibilidades de colaboración entre este departamento de Vicepresidencia e o Concello de Melide. Un dos temas abordados na reunión foi o relativo ao local de ensaio, unha vella demanda dos diversos grupos musicais que hai en Melide. Na xuntanza celebrada nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude en Santiago de Compostela, Rubén Cela, Socorro Cea e Anabel Ramos analizaron o estado actual no que se atopa o proxecto para dotar dun local de ensaio a Melide. O director xeral comprometeuse coa alcaldesa a asinar o correspondente convenio de colaboración no próximo mes de xuño. Dese xeito, será o propio concello o que poida licitar as obras este mesmo verán que terán un prazo de execución de catro meses e contarán cun investimento de 112.000 euros sufragados integramente pola Dirección Xeral de Xuventude. O futuro local de ensaio estará ubicado na parte traseira do edificio multiusos, onde o Concello acometerá tamén nas vindeiras datas un proxecto de mellora desa zona. A posta en marcha do local de ensaio ofrecerá un servizo de alta calidade, profesional e de acceso gratuíto aos grupos e conxuntos musicas de Melide que neste momento non contan con ningunha infraestrutura na que ensaiar ou preparar as súas maquetas.     A alcaldesa, Socorro Cea, amosouse satisfeita pola colaboración ofrecida polo departamento do nacionalista Rubén Cela, e adiantou que “xa é tempo de que se preste atención ás demandas da mocidade de Melide, polo que dende o equipo de goberno queremos apoiar con infraestruturas de calidade o crecemento de novas propostas creativas e musicais que teñan a súa orixe en Melide”.     A nivel cultural, esta mesma semana inaugurouse tamén en Melide a primeira sala de exposicións coa que conta o Concello, e que está permitindo xa que os numerosos artistas locais poidan expoñer as súas obras na terra que as inspirou.     Outros dos temas tratados foi a incorporación de Melide ao programa Naturalmente Galiza-visitas guiadas de fin de semana, que consiste en deseñar unha programación completa para que persoas de entre dezaoito e trinta anos pasen en Melide unha fin de semana coñecendo o patrimonio cultural e etnográfico. Por outra banda, a alcaldesa interesouse tamén pola participación da xente nova de Melide nos campamentos organizados pola Vicepresidencia, e que coordina o departamento de Rubén Cela. Nota de prensa concello de Melide
Día internacional de los museos
(17/05/08) escrito por Antonio
En el mes de mayo los museos son protagonistas de dos celebraciones internacionales que acercan estas instituciones a la sociedad de una forma lúdica y festiva. El Día Internacional de los Museos (18 de mayo) , promovido por el ICOM al que se suman los museos de todo el mundo y La Noche de los Museos (20 de mayo) , en la que participan más de 1200 museos de toda Europa. Para consultar programa museos coruñeses haz clic aquí: http://www.corunacity.com/content/view/832/1/
MELIDE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO POEMARIO O QUE BEN CHE QUER, DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(14/05/08) escrito por Antonio
Poemas inéditos de Álvarez Blázquez e outros que formaban parte xa do libro Roseira do teu mencer conforman o poemario O que ben che quer que editou a editorial OQO, e que contén ilustracións da filla do autor homenaxeado, Berta Cáccamo. O salón de plenos de Melide acolleu ás oito deste serán a presentación desta obra que no día de onte a Concellería de Cultura de Melide entregou a todos os nenos e nenas de Melide.  O acto desta tarde, aberto ao público, contou coa presenza da artista e editora de OQO, Eva Mejuto, amais de coa alcaldesa, Socorro Cea, a concelleira de Cultura, Conchi Castro, e outros membros da corporación municipal. Malia que nun primeiro momento estaba prevista a asistencia dos fillos do autor, Xosé María e Berta Álvarez Cáccamo, estes non puideron asistir debido a un problema de saúde que os mantén lonxe de Galiza.Neste acto central da Semana das Letras e das Artes de Melide, realizouse un percorrido pola vida e obra de Álvarez Bláquez, a través de imaxes e vídeos compostos para a ocasión, nos que se puxo de manifesto a súa valía como arqueólogo e escritor. Nestas pezas audiovisuais puidose contouse coa intervención de Berta Cáccamo, filla do artista e pintora de grande recoñecemento que achegou as ilustracións a esta obra do seu pai. Na súa intervención, a concelleira de Cultura, Conchi Castro, lembrou que o programa elaborado pola súa concellaría con motivo da celebración do 17 de maio “quere ir máis aló desa data simbólica, e espallar ao longo de toda a semana actos culturais que non só se centren na literatura, senón noutras manifestacións artísticas”. Neste senso, cómpre lembrar que o Concello de Melide pechará esta semana festiva coa charla “Da tradición oral ao álbum ilustrado”, a cargo da artista Eva Mejuto, que fará un percorrido pola importancia do conto oral na nosa tradición. Manifestación a prol da lingua O vindeiro domingo, 18 de maio, celebrarase na Alameda de Santiago de Compostela unha manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, para reivindicar a situación da lingua galega. O Concello de Melide, que xa manifestou a súa adhesión a esta manifestación e ao manifesto que con tal motivo emitiu a Mesa, anima a todos os veciños e veciñas a participar neste acontecemento, para o cal disporá un autobús gratuíto que viaxará a Santiago. O autobús sairá ás 10.30 horas da mañá do domingo da habitual parada do autobús da empresa Freire. Fonte concello de Melide


Más...
Actuación de Jabon Blue en el pub Gatos de Melide
CREASE EN MELIDE A AGRUPACIÓN VOLUNTARIA GALICIA CENTRAL DE CONCELLOS

Mostrar todas las entradas

Ver archivo
No te lo pierdas...

Estreno de cine

Fecha: 24 de julio.
X Files: Creer es la clave
Intriga. Fantástico. Secuela / SINOPSIS: Varias mujeres desaparecen en una población rural de Virginia. Un sacerdote que tie...

Ads Google
Noticias generales
Deportes
Estrenos de cine
Sorteos semanales
Ultimos virus
Asociac. internautas
Asoc. Ecolog. Adega
Música en Galicia
Calendario
«Julio 2008 
LuMaMiJuViDo
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
Envíanos tus RSS
    Envíanos tus RSS a:
    webxoven@gmail.com
Joomla Featured Articles Module by DART Creations
Ads usuarios
a garnacha
Próximos estrenos

Ultimos virus
ALERTVIR
Avisos y alertas de seguridad :: Alertvir
alertvir.es
El tiempo
El tiempo hoy
20°C
Blogs
Más leídos
Top jugadores
 
Name
Score
1.
55
2.
49
3.
48
4.
29
5.
20
Próximos eventos
Imagen aleatoria
Trabajos recientes
aprendia electricista
CARRETILERO/ TRASPALETA ELÉCTRICA
PRACTICAS FRIGORISTA Y ELECTRICISTA
profesor matematicas
PROFESOR/A DE INGLÉS
La frase del día
Anuncios recientes
REGALO Y TEXTIL PUBLICITARIO
Otros (22.07.2008)
ADOPTA UN ANIMAL DE COMPAÑIA, NO LO COMPRES
Hogar (22.07.2008)
JARDINERÍA LP
Hogar (22.07.2008)
ENTRENADOR SUPERIOR DE BALONCESTO
Deportes (30.06.2008)
ELECTRICIDAD - ELECTRONICA
Hogar (30.06.2008)


 
= Con foto
Encuestas
Situación económica en España
 
En línea
Hay 9 invitados en línea
Red social
La viñeta de JrMora

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons