Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Juego al azar


Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Deja tu mensaje


Nombre

URL o Email

Mensaje (Smilies)


Escriben

admin (118 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)

Total usuarios

311 registrados
2 hoy
4 esta semana
39 este mes
Ultimo: aia

Sindicaciones

Webs amigas

 


Google
Regístrate y envía artículos,  noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
CREASE EN MELIDE A AGRUPACIÓN VOLUNTARIA GALICIA CENTRAL DE CONCELLOS
(08/04/08) escrito por Antonio
A primeira agrupación voluntaria de municipios que se crea en Galicia ten xa dende esta tarde un nome propio. Será Galicia Central, o nome que esta tarde fixeron público os catro alcaldes dos concellos integrados na agrupación: Melide, Lalín, Monforte e O CarballiñoEsta entidade, pioneira en Galicia, deu os seus primeiros pasos a mediados de febreiro, cando os catro alcaldes deron a coñecer a súa intención de crear unha plataforma de colaboración para desenvolver políticas e proxectos comúns aproveitando as particularidades de cada un destes catro concellos do interior de Galicia, todos eles cunha importante pegada rural.

No día de hoxe, Socorro Cea (Melide), Xosé Crespo (Lalín), Severino Rodríguez (Monforte) e Carlos Montes (O Carballiño) mantiveron unha xuntanza de traballo en Melide para seguir avanzando na elaboración de proxectos comúns. Así, Socorro Cea adiantou que “Galicia Central, encargará en primeiro lugar un estudo estratéxico no que se poñan de manifesto cales son as posibilidades reais de colaboración e os eidos que ofrecen maior potencialidade de acción para dar beneficio á suma dos habitantes dos catro municipios”.

A alcaldesa de Melide expuxo cales son os proxectos que Galicia Central ten xa en marcha: un concurso fotográfico con imaxes dos catro concellos, folletos turísticas con rutas programadas para escolares, ou intercambios nos campamentos de verán entre as catro localidades son algunhas delas. Por outra banda, o grupo de traballo de Galicia Central encomendou a cada unha das localidades unha acción localizada de cuxa organización se encargará cada concello.

Así, Monforte acollerá en agosto un festival de pop-rock con grupos locais das catro localidades. En setembro, O Carballiño organizará unha andaina de sendeirismo con paradas de interese turístico, e Lalín acollerá un festival de bandas de música no que participarán os grupos de Melide, O Carballiño, Monforte e o anfitrión da terra do Deza.

Pola súa parte, o concello de Melide aproveitará a Semana da Música, que ten o seu día grande na festividade de Santa Cecilia -29 de novembro- para acoller un Encontro de Corais, no que se darán cita as representantes dos catro municipios, unha delas, a de Lalín, infantil.

Na xuntanza desta tarde, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, afirmou que “a medida que perfilamos este proxecto colle corpo unha colaboración municipal sen precedentes en Galicia, que ademais racha cos tópicos das barreiras establecidas pola ideoloxía política e a división das provincias”, facendo referencia a que os fundadores desta agrupación proceden de distintos signos políticos (Lalín-PP, O Carballiño-PSOE e Melide e Monforte - BNG), e tamén das catro provincias galegas).

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, insistiu en que “o traballo que se está desenvolvendo dende esta agrupación pode ser o principio dun camiño para contribuír a cambiar unha mentalidade demasiado localista que tradicionalmente ten habido en Galicia”. O alcalde nacionalista tamén dixo “atoparse cunha experiencia moi leal, porque apartamos as diferenzas para traballar en clave municipal”.

Pola súa banda, Carlos Montes, alcalde do Carballiño, insistiu en que se trata “dun proxecto de futuro para as zonas da Galicia central, para afondar en temas infraestruturais, e incluso movementos demográficos e reequilibrio territorial, pois é tamén un xeito de diagnosticar a nosa problemática e saír ao frente”.
A vindeira xuntanza do equipo de traballo de Galicia Central será o 29 de abril en Monforte de Lemos.
Fonte prensa concello de Melide


[Volver]

No te lo pierdas...


Estreno de cine. Red de mentiras

Estreno:21.11.2008.
Después de la trepidante Casino Royale, también protagonizada por un magnífico Daniel Craig, este viernes llega a la cartelera, la que será la película nú...


Conciertos Sala 600 Melide


29 nov 2008     23:00
Monólogo de Luis Piedrahita    

7 dic 2008     1:00
Segismundo Toxicomano   ...


Pub Gatos

21.noviembre.2008
Ekilibrio en concierto.

Acerca de ekilibri...

Ads by Google

Calendario

«Noviembre 2008 
LuMaMiJuViDo
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Envíanos tus RSS

    Envíanos tus RSS a:
    webxoven@gmail.com
Joomla Featured Articles Module by DART Creations

Ads usuarios

a garnacha

Ultimos virus

ALERTVIR
Avisos y alertas de seguridad :: Alertvir
alertvir.es

El tiempo

El tiempo hoy
12°C

Top jugadores

  Name Score
1.admin55
2.sandra49
3.anxo48
4.Rasbasstone29
5.censuras20
Cilick aquí para ver top 20

Imagen aleatoria

La frase del día

Anuncios recientes

El Yorkshire mas cariñoso del criadero
Otros (19.11.2008)
El Yorkshire mas cariñoso del criadero
Otros (19.11.2008)
El Yorkshire mas cariñoso del criadero
Otros (19.11.2008)
alquilo apartamento amueblado perillo
Pisos (10.11.2008)
hembra yorkshire
Hogar (09.11.2008)


 
= Con foto

Encuestas

Situación económica en España
 

En línea

Hay 5 invitados en línea

La viñeta de JrMora

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons