|
Melide inaugura o seu telecentro de comunicacións
|
| (18/10/08) escrito por gelines |
O telecentro de Melide forma parte da Rede de Telecentros de
Comunicación. Esta infraestrutura conta cun equipamento de vinte
ordenadores persoais con monitores TFT, impresora láser, un equipo de
videoconferencia, pantalla de plasma, cámaras, TDT, micrófonos,
pantalla de proxección motorizada e demais material de última xeración
no ámbito das telecomunicacións.Grazas a esta iniciativa, as asociacións e colectivos de Melide
disporán dunha instalación de acceso gratuíto que xestionará o Concello
e na que se poderán acoller encontros multimedia, conferencias, cursos
ou presentacións cunha tecnoloxía pioneira no Concello.
Na inauguración, este xoves, Ignacio Vilar, director da película
Pradolongo ofreceu unha videoconferencia sobre a evolución da
curtametraxe ao longametraxe e a súa experiencia como cineasta. Ao
remate proxectaranse varias curtametraxes incluídas dentro do programa
Curtas na rede, a través do Centro Multimedia de Galicia, na que
participarán simultaneamente os telecentros de Melide, Boiro, Muros, A
Fonsagrada, Foz, Viveiro e Xinzo da Limia.
Noticia de sociedadedainformacion.eu |
| [Volver] |